Rede de Eco Hortas Escolares
A proposta que expoñemos ten como meta promover unha comunidade educativa galega concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables.
Para elo traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro da Rede de Eco Hortas Escolares, unha rede de traballo colaborativo en torno ás hortas escolares, impulsada por Amigas da Terra e única en Galicia que naceu no curso 2018-2019 e que no actual curso conta cun total de 14 centros educativos participantes.
Logo de 8 cursos escolares ofrecendo apoio técnico no desenvolvemento das hortas, capacitación en agroecoloxía escolar a docentes e familias dos centros, e recursos educativos con enfoque de cidadanía global, faise preciso continuar afondando no fortalecemento e a sostibilidade da rede.
Xeral: Contribuír á conversión dos proxectos de hortas escolares en proxectos de centro.
Específico: Mellorada a sostibilidade dos proxectos de horta nos centros educativos da Rede de Eco Hortas Escolares integrando a perspectiva de cidadanía global e estratexias de participación comunitaria.
RE 1.1. Integrado un sistema de coordinación e seguimento a nivel da Rede para transversalizar e visibilizar a horta nos centros escolares contribuíndo á súa consolidación como proxectos de centro.
A.1.1.1. Continuidade e ampliación do sistema de coordinación e seguimento cos centros da Rede.
RE 2.1. Fortalecida a participación e a aprendizaxe compartida da comunidade educativa da Rede en espazos de intercambio e traballo conxunto.
A.2.1.1. Proxecto de investigación e ciencia cidadá coa Misión Biolóxica.
A.2.1.2. Espazos de intercambio e identificación de actividades, recursos e estratexias co persoal asesor de horta.
A.2.1.3. V Encontro da Rede.
A.2.1.4. Acompañamento a grupos de familias e ANPAS/AFAS voluntarias nas hortas.
A.2.1.5. Participación da coordinación da Rede de Eco Hortas na Red Estatal de Agroecología y Cultura Alimentaria Escolar.
RE 3.1. Melloradas as capacidades docentes e os recursos pedagóxicos para integrar a horta escolar dende unha visión ecosocial e de cidadanía global nos centros da Rede.
A.3.1.1. Posta en marcha dun proxecto piloto relacionado coa horta en clave comunitaria en 2 centros da Rede.
A.3.1.2. Apoio técnico para a planificación e o desenvolvemento das hortas.
A.3.1.3. Continuidade da Rede de Eco Hortas Escolares no Plan Sinerxía da Consellería de Educación.
Directa: 780 persoas (6 homes, 24 mulleres, 300 nenos e 450 nenas).
Indirecta: 2.800 persoas (1.120 nenos e 1.680 nenas).
Xunta de Galicia: 37.000 € (14.800 € en 2026 e 22.200 € en 2027)