Proxectos

Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2015-2016

Con este proxecto, Entreculturas da continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) (Red Solidaria de Jóvenes). Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que incrementan as habilidades participativas, de compromiso social e cidadanía activa dos mozos e mozas galegos nos seus centros de ensino. Ademais, favorece a súa formación nas temáticas de cidadanía global, así como a reflexión e concienciación sobre os problemas sociais locais e globais. No curso 2015/2016, a RSM centrarase tematicamente na análise da gobernanza global e a participación social, no marco da campaña educativa de EC “Un mundo nas túas mans. Un mundo de decisións, alternativas e encontros para cambiar o mundo”, que ten por obxectivo a promoción da participación xuvenil cara ao cambio social.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promover en Galicia a construción dunha cidadanía global concienciada, crítica, participativa e comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza e das desigualdades, a promoción do desenvolvemento humano sostible e o exercicio pleno dos dereitos, colaborando coa consecución dos obxectivos internacionais de desenvolvemento
Obxectivo específico: Fortalecidos os procesos de participación, empoderamento e cidadanía global activa para o cambio social dos mozos e mozas e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade durante o curso 2015/2016
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Facilitados espazos de encontro e intercambio entre os mozos, mozas e docentes da Rede Solidaria da Mocidade e con centros educativos do Sur, para o desenvolvemento de habilidades democráticas e de participación para o cambio social.
Actividades
A1.1.1.: Deseñar, planificar e celebrar o XVII Encontro en Rede.
A1.1.2: Deseñar, planificar e asistir ao V Encontro Global da Red Solidaria de Jóvenes.
A1.1.3: Deseñar, organizar e promover experiencias de participación e intercambio entre o profesorado e o alumnado da Rede Solidaria da Mocidade e grupos de mozos e mozas de centros educativos de América Latina no marco do programa “Entrescolas”.
Resultado 1.2: Facilitadas ferramentas educativas (formativas, de planificación e de avaliación) aos mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade para o empoderamento e o desenvolvemento de habilidades democráticas e de participación para o cambio social.
Actividades
A1.2.1: Deseñar, elaborar e realizar 4 actividades de formación sobre gobernanza global e participación social para mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade.
A1.2.2: Deseñar, planificar e realizar 2 actividades de avaliación para os grupos da Rede Solidaria da Mocidade.
A1.2.3: Deseñar, planificar e executar as axendas solidarias de 10 grupos solidarios da Rede Solidaria da Mocidade (experiencias de participación e cidadanía global).
Resultado 1.3: Facilitados recursos e ferramentas educativas e formativas ao profesorado da Rede Solidaria da Mocidade para o empoderamento e o desenvolvemento de habilidades democráticas e de participación para o cambio social dos grupos de mozos e mozas da Rede.
Actividades
A1.3.1: Deseñar, elaborar e realizar 3 obradoiros de formación sobre capacidades emocionais e sociais para o exercicio da cidadanía global para docentes da Rede Solidaria da Mocidade e para os equipos de educación de Entreculturas.
A1.3.2: Deseñar, planificar e celebrar 2 xuntanzas do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade.
A1.3.3: Facilitar aos docentes da Rede Solidaria da Mocidade recursos didácticos e ferramentas educativas sobre cidadanía global e participación social.
A1.3.4: Asesorar e acompañar ao profesorado e aos grupos e apoiar a implicación e recoñecemento das comunidades educativas no programa da Rede Solidaria da Mocidade.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: As persoas beneficiarias directas serán 190 rapazas e 60 rapaces (250 en total) de entre 12 e 18 anos, estudantes do ensino secundario e do bacharelato, ademais de 12 profesoras e 3 profesores (15 en total) de 10 centros de ensino secundario de Galicia.
Indirecta: As 250 familias dos rapaces e rapazas participantes, así como as comunidades educativas dos 10 centros participantes no proxecto na súa totalidade (unhas 2.500 persoas entre alumnado, profesorado, equipos directivos e persoal non docente).
 

Axudas: 

30.000,00 €; 12.000,00 € (2015) e 18.000,00 € (2016)