Proxectos

Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2016-2017

O proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) , que se executa en Galicia desde 2004. Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que, á súa vez, incrementan as competencias de compromiso social e cidadanía global dos mozos e mozas galegos nos seus centros de ensino. Ademais, favorece a súa formación nas temáticas de cidadanía global, así como a reflexión e concienciación sobre os problemas sociais locais e globais. No curso 2016/2017, a RSM centrarase temáticamente na análise e promoción de alternativas para un mundo sostible, no marco da campaña educativa de “Un mundo nas túas mans. Un mundo de decisións, alternativas e encontros para cambiar o mundo”, que ten por obxectivo a promoción da participación xuvenil para o cambio social.

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promover en Galicia a construción dunha cidadanía global concienciada, crítica, participativa e comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza e das desigualdades, a promoción do desenvolvemento humano sostible e o exercicio pleno dos dereitos, colaborando coa consecución dos obxectivos internacionais de desenvolvemento
Obxectivo específico: Os mozos, mozas e profesorado da Rede Solidaria da Mocidade exercen o seu dereito á participación e desenvolven as competencias de cidadanía global para o cambio social e o empoderamento xuvenil durante o curso 2016/2017.
l

Resultados e actividades: 

RESULTADO 1.1: Os mozos, mozas e docentes da Rede Solidaria da Mocidade acceden a espazos de encontro e intercambio mutuo e con centros educativos do Sur para o desenvolvemento das competencias de cidadanía global.
A1.1.1.: Deseñar, planificar e celebrar o XVIII Encontro en Rede.
A1.1.2: Deseñar, planificar e celebrar 1 Encontro de avaliación e peche de curso para os grupos da Rede Solidaria da Mocidade.
A1.1.3: Deseñar, organizar e promover experiencias de participación e intercambio entre o profesorado e o alumnado da Rede Solidaria da Mocidade e grupos de mozos e mozas de centros educativos de América Latina no marco do programa “Entrescolas”.
A1.1.4. Deseñar, planificar e celebrar 2 xuntanzas do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade
RESULTADO 1.2: Os mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade acceden a ferramentas educativas (formativas, de planificación e de avaliación) para o empoderamento e o desenvolvemento das competencias de cidadanía global.
A1.2.1. Deseñar, elaborar e realizar 10 actividades de formación para mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade sobre cidadanía global, participación social e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A1.2.2: Deseñar, planificar e executar as axendas solidarias de 12 grupos solidarios da Rede Solidaria da Mocidade (experiencias de participación e cidadanía global).
RESULTADO 1.3: O profesorado da Rede Solidaria da Mocidade accede a recursos e ferramentas educativas e formativas para o empoderamento e o desenvolvemento das competencias de cidadanía global dos grupos solidarios de mozos e mozas da Rede.
A1.3.1: Deseñar, elaborar e realizar 2 formacións para docentes da Rede Solidaria da Mocidade sobre competencias para a cidadanía global, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e metodoloxías de acompañamento e promoción da participación xuvenil.
A1.3.2 Asesorar e acompañar ao profesorado a aos grupos e apoiar a implicación e recoñecemento das comunidades educativas no programa da Rede Solidaria da Mocidade.

Poboación beneficiaria: 

Directa: As persoas beneficiarias directas serán 175 rapazas e 75 rapaces (250 en total) de entre 12 e 18 anos, estudantes do ensino secundario e do bacharelato, ademais de 13 profesoras e 2 profesores (15 en total) de 12 centros de ensino secundario de Galicia.
Indirecta: As 250 familias dos rapaces e rapazas participantes, así como as comunidades educativas dos 12 centros participantes no proxecto na súa totalidade (unhas 2.500 persoas entre alumnado, profesorado, equipos directivos e persoal non docente).

Axudas: 

35.000,00 €; 14.000,00 € (2016) e 21.000,00 € (2017)