Proxectos
08/11/2017

Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2017-2018

O proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) (Red Solidaria de Jóvenes), que se executa en Galicia desde 2004. Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que, á súa vez, incrementan as competencias de compromiso social e cidadanía global dos mozos e mozas galegas nos seus centros de ensino. Ademais, favorece a súa formación nas temáticas de cidadanía global, así como a reflexión e concienciación sobre os problemas sociais locais e globais. No curso 2017/2018, a RSM centrarase temáticamente no poder do encontro entre os xéneros, as culturas e coa natureza para a convivencia e a paz, no marco da campaña educativa de EC “Un mundo nas túas mans. Un mundo de decisións, alternativas e encontros para cambiar o mundo”, que ten por obxectivo a promoción da participación xuvenil para o cambio social.

Ano: 
2017
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Educación para o desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promover en Galicia a construción dunha cidadanía global concienciada, crítica, participativa e comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza e das desigualdades, a promoción do desenvolvemento humano sostible e o exercicio pleno dos dereitos, colaborando coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

Obxectivo específico: As mozas/os e profesorado da Rede Solidaria da Mocidade exercen o seu dereito á participación e desenvolven as competencias de cidadanía global para o cambio social e o empoderamento xuvenil durante o curso 2017/2018

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: As mozas/os mozas e docentes da Rede Solidaria da Mocidade acceden a espazos de encontro e intercambio mutuo e con centros educativos do Sur para o desenvolvemento das competencias de cidadanía global

A1.1.1.: Deseñar, planificar e celebrar o XIX Encontro en Rede

A1.1.2: Deseñar, planificar e celebrar 1 Encontro de avaliación e peche de curso para os grupos da Rede Solidaria da Mocidade

A1.1.3: Deseñar, planificar e asistir ao VI Encontro Global e III Encontro Internacional da Red Solidaria de Jóvenes

A1.1.4. Deseñar, organizar e promover experiencias de participación e intercambio entre o profesorado e o alumnado da Rede Solidaria da Mocidade e grupos de mozas e mozos de centros educativos de América Latina no marco do programa “Entrescolas”

A1. 1.5. Deseñar, planificar e celebrar 2 xuntanzas do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade

Resultado 1.2: As mozas e mozos da Rede Solidaria da Mocidade acceden a ferramentas educativas (formativas, de planificación e de avaliación) para o empoderamento e o desenvolvemento das competencias de cidadanía global.

A1.2.1. Deseñar, elaborar e realizar 10 actividades de formación para mozas e mozos da Rede Solidaria da Mocidade sobre cidadanía global, participación social e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

A1.2.2: Deseñar, planificar e executar as axendas solidarias de 10 grupos solidarios da Rede Solidaria da Mocidade (experiencias de participación e cidadanía global)

Resultado 1.3: O profesorado da Rede Solidaria da Mocidade accede a recursos e ferramentas educativas e formativas para o empoderamento e o desenvolvemento das competencias de cidadanía global dos grupos solidarios de mozas e mozos da Rede

A1.3.1: Deseñar, elaborar e realizar 2 formacións para docentes da Rede Solidaria da Mocidade sobre competencias para a cidadanía global, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e metodoloxías de acompañamento e promoción da participación xuvenil

A1.3.2 Asesorar e acompañar ao profesorado e aos grupos e apoiar a implicación e recoñecemento das comunidades educativas no programa da Rede Solidaria da Mocidade

Poboación beneficiaria: 

Directa: As persoas beneficiarias son 262, das cales 12 son docentes (11 mulleres e 1 home) e 250 nenas/os (190 nenas e 60 nenos) de entre 12 e 18 anos, estudantes de ensino secundario e bacharelato; dun total de 10 centros de ensino de Galicia.

Indirecta: As actuacións terán efectos positivos en preto de 3.000 persoas, contando as familias do alumnado e as súas comunidades educativas.

Axudas: 

35.000,00 €; 14.000,00 € (2017) e 21.000,00 € (2018)