Proxectos

Rede Solidaria da Mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2018-2019

O proxecto pretende dar continuidade ás accións do programa de educación para a solidariedade e a cidadanía global e de participación xuvenil Rede Solidaria da Mocidade (RSM) (Red Solidaria de Jóvenes), que se executa en Galicia desde 2004. Este programa ofrece ás comunidades educativas unha estrutura estable de participación, que facilita procesos de capacitación e empoderamento que, á súa vez, incrementan as competencias de compromiso social e cidadanía global dos mozos e mozas galegas nos seus centros de ensino. Ademais, favorece a súa formación nas temáticas de cidadanía global, así como a reflexión e concienciación sobre os problemas sociais locais e globais no marco dos ODS. En Galicia, desde 2004 teñen participado no programa 35 centros de ensino, 4.000 mozos/as e preto de 70 docentes. No curso 2018/2019, a RSM centrarase temáticamente na igualdade de xénero, en coherencia cos contidos educativos de Entreculturas para o devandito período.

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promover en Galicia a construción dunha cidadanía global concienciada, crítica, participativa e comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza e das desigualdades, a promoción do desenvolvemento humano sostible e o exercicio pleno dos dereitos, colaborando coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

Obxectivo específico: As mozas/os e profesorado da Rede Solidaria da Mocidade exercen o seu dereito á participación e desenvolven as competencias de cidadanía global para o cambio social e o empoderamento xuvenil durante o curso 2018/2019

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: As mozas/os e docentes da Rede Solidaria da Mocidade acceden a espazos de encontro e intercambio mutuo e con grupos de participación e liderado xuvenil de América Latina para o desenvolvemento das competencias de cidadanía global.

A1.1.1.: Deseñar, planificar e celebrar o XIX Encontro en Rede

A1.1.2: Deseñar, planificar e celebrar o XX Encontro en Rede

A1.1.3: Deseñar, planificar e celebrar 1 Encontro de avaliación e peche de curso para os grupos da Rede Solidaria da Mocidade

A1.1.4. Deseñar, organizar e promover polo menos 2 experiencias de participación e intercambio entre o profesorado, alumnado e voluntariado da Rede Solidaria da Mocidade e grupos de participación e liderado xuvenil de América Latina no marco de programas internacionais con Fe e Alegría

A1. 1.5. Deseñar, planificar e celebrar 2 xuntanzas do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade

Resultado 1.2: As mozas e mozos da Rede Solidaria da Mocidade acceden a ferramentas educativas (formativas, de planificación e de avaliación) para o empoderamento e o desenvolvemento das competencias de cidadanía global.

A1.2.1. Deseñar, elaborar e realizar 5 actividades de formación para mozas e mozos da Rede Solidaria da Mocidade sobre cidadanía global, participación social e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

A1.2.2: Deseñar, planificar e executar as axendas solidarias de 10 grupos solidarios da Rede Solidaria da Mocidade (experiencias de participación e cidadanía global)

Resultado 1.3: O profesorado da Rede Solidaria da Mocidade accede a recursos e ferramentas educativas e formativas para o empoderamento e o desenvolvemento das competencias de cidadanía global dos grupos solidarios de mozas e mozos da Rede

A1.3.1: Deseñar, elaborar e realizar 2 formacións para docentes da Rede Solidaria da Mocidade sobre competencias para a cidadanía global, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e metodoloxías de acompañamento e promoción da participación xuvenil

A1.3.2 Asesorar e acompañar ao profesorado e aos grupos e apoiar a implicación e recoñecemento das comunidades educativas no programa da Rede Solidaria da Mocidade

Poboación beneficiaria: 

Directa: As persoas beneficiarias directas do proxecto serán 250 mozos e mozas de entre 12 e 18 anos do ensino secundario e do bacharelato e 12 docentes de 10 centros educativos galegos; ademais de 8 voluntarios/as mozos/as da RSM de entre 18 e 27 anos.

Indirecta: As actuacións terán efectos positivos en preto de 3.000 persoas, contando as familias do alumnado e as súas comunidades educativas e sociais máis próximas.

 

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda da Xunta de Galicia 35.000,00 €; 14.000,00 € (2018) e 21.000,00 € (2019)