Reducidos os factores de vulnerabilidade de comunidades indíxenas, para exercer o dereito á alimentación, no Municipio de Poroma, Bolivia
O presente proxecto forma parte das prioridades locais contidas nas estratexias do PDM de Poroma, o Plan de Desenvolvemento de Chuquisaca e os liñamentos da política boliviana respecto da seguridade alimentaria para poboacións campesiñas ata agora excluídas. Expón complementar a xestión integral da auga para a seguridade alimentaria de 225 familias no municipio de Poroma con dous compoñentes: capacitar aos beneficiarios organizados en comités de xestión da auga e institucionalizar comités de xestión dos recursos naturais e xestión de riscos dentro de concepto integral e territorial.
FUNDACIÓN INTERCULTURAL NOR SUD
Obxectivo xeral: Potenciar a capacidade organizativa comunitaria e resolutiva de problemas inherentes ao acceso e manexo de recursos naturais, así como doutros variables determinantes da seguridade alimentaria, no Municipio de Poroma, Bolivia
Obxectivo específico: Reducir os factores de vulnerabilidade para exercer o dereito á alimentación en 24 comunidades do Municipio de Poroma.
Resultado 1.1: 225 familias de 24 comunidades de Poroma teñen acceso seguro a insumos alimentarios e non alimentarios suficientes, e utilízanos adecuadamente.
Actividades
A.1.1: Melloramento da produción tradicional
A.1.2: Implementación do plan de diversificación produtiva en horticultura
A.1.3: Implementación do plan de capacitación nutricional
Resultado 1.2: Fortalecido o sistema territorial de xestión de riscos e o sistema comunitario de xestión de recursos naturais, con participación paritaria de homes e mulleres.
Actividades
A.2.1: Implementación da estrutura de Xestión de Riscos
A.2.2: Implementación do sistema comunitario de xestión de recursos naturais
A.2.3: Implementación do esquema de coordinación con Unidades Educativas.
Resultado 1. 3: Optimizado o uso do recurso auga para valor agregado da produción, no 32 micro sistemas comunitarios, manexados por Comités participativos
Actividades
A.3.1: Implementación de obras físicas
A.3.2: Operatividade de Comités de Administración de sistemas de auga.
A.3.3: Implementación do esquema de mejoramiento tecnolóxico
**ACTIVIDADE TRANSVERSAL: Rendición de contas a actores participantes do proxecto
Directa: A poboación beneficiaria directa está conformada por 225 familias que agrupan a 1.004 persoas das cales 494 son mulleres (49 % mulleres e 51 % homes). A poboación beneficiaria son indíxenas de orixe quechua, que practican agricultura familiar nun contexto de solidariedade e organización comunitaria.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta total do proxecto é de 2.575 persoas (1312 homes (adultos e menores); 1299 mulleres (adultas e menores).
69.852,00 € (2014)