REDUCIÓN DA VULNERABILIDADE ALIMENTARIA E USO RACIONAL DOS RECURSOS NATURAIS NA MICRO-CUNCA DO RÍO LAURE. HONDURAS
Este proxecto pretende contribuír a diminuír a pobreza e a vulnerabilidade alimentaria das familias do sur de Honduras, promovendo un uso racional dos recursos naturais e sistemas sustentables de produción de alimentos.
Os principais problemas que afectan á poboación beneficiaria en relación á vulnerabilidade alimentaria están relacionados co desequilibrio na tenencia e distribución da terra, unha escasa diversificación e planificación baixo criterios de rendibilidade e sustentabilidade da produción agraria, a xestión insustentable dos recursos naturais por utilización de prácticas inadecuadas e contaminantes, escasa concienciación ambiental, deficiencia nos sistemas de post-colleita, que mingúan a dispoñibilidade para a poboación dos alimentos producidos, debilidade institucional das organizacións encargadas de ordenar e planificar os usos do territorio, e unha situación de desigualdade entre homes e mulleres en canto ao acceso dos recursos naturais da comunidade.
Para mellorar esta situación expóñense unha serie de actuacións coas que se pretende:
- Mellorar a sustentabilidade ambiental.
- Implementar sistemas de conservación dos recursos naturais.
- Implementar sistemas de post-colleita de produtos agropecuarios.
- Sensibilizar á poboación no Sur e no Norte sobre o acceso equitativo e sostible dos recursos naturais.
- Fortalecer as capacidades dos actores locais en produción sostible e ordenamento territorial.
Período de execución: xuño 2010 – novembro 2011
Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF).
Diminuir a pobreza e a vulnerabilidade alimentaria das famílias do sur de Honduras.
- Elaboración de 200 microplans de manexo de finca.
- Instalación de microsistemas de rego por goteo en 200 parcelas (por fonte natural e colleita de auga).
- Introdución de cultivos non tradicionais nos hortos familiares e módulos de abonos orgánicos.
- Establecemento de proxectos de aves de patio.
- Sistemas de produción de grans básicos manexados con árbores de usos múltiples.
- Implementación e mantemento de cercas vivas con árbores de usos múltiples.
- Prácticas e medidas de conservación do solo a nivel comunitario e familiar.
- Implementación de tecnoloxías para o melloramento do fogar (fogóns mellorados e filtros de augas grises).
- Establecemento dun centro comunitario de semente criolla.
- Prover sistemas de almacenamento de grans básicos a nivel familiar.
- Obradoiros de socialización do proxecto nas comunidades da microcunca, de sensibilización comunitaria en conservación e sustentabilidade ambiental e talleres á poboación beneficiaria na temática de redución da fenda de xénero, masculinidade e posición da muller.
- Foro de intercambio de experiencias entre produtores/as de diferentes zonas da rexión.
- Sensibilización en Galicia sobre a problemática do desenvolvemento e as actuacións de ADT, Codefagolf e ESF no marco do proxecto.
- Implementación da metodoloxía de elaboración de plans de manexo de fincas (PMF) nun Sistema de Información Xeográfica (SIX).
- Fortalecemento das organizacións locais en sistemas de información xeográficos orientados ao ordenamento territorial e conservación de recursos naturais con enfoque de cunca.
- Elaboración dun documento de apoio para a elaboración das estratexias de ordenamento territorial da microcunca do río Laure, conservación dos seus recursos naturais e socialización entre a poboación.
- Procura de posibles colaboradores en universidades hondureñas no ámbito de SIX, territorio e software libre.
Directa: 200 familias
Indirecta: 2.371 persoas
349.464,00 € (2010: 174.732,00 € - 2011: 174.732,00 €)