Proxectos

Redución da vulnerabilidade das persoas refuxiadas a causa do conflito sirio e da poboación de acollida no Líbano, priorizando ás persoas que precisan dunha atención especial

Tras 6 anos de guerra siria, segundo o informe do Plan Libanés de Resposta á Crise (LCRP), das máis de 5,9 millóns de persoas vivindo en Líbano, ao redor de 3,3 millóns necesitan asistencia, dos cales 1,5 millóns son libaneses/as e 2 millóns son refuxiados/as sirios, iraquís e palestinos. É dicir, 1 de cada 4 persoas que vive no Líbano é desprazada ou refuxiada. Entre eles, as persoas anciás, discapacitadas e feridas son as máis vulnerables.

Segundo o informe das organizacións Hándicap International e HelpAge International, máis do 30% dos/as refuxiados/as enquisados teñen necesidades especiais (xeralmente por discapacidade, lesións ou enfermidades crónicas). Estas persoas con necesidades específicas teñen o dobre de posibilidade de padecer trastornos psicolóxicos que a poboación refuxiada en xeral e sofren secuelas derivadas da perda de mecanismos de adaptación, e da carencia de ambiente de apoio social e físico, que si tiñan nos seus lugares de orixe e que perden na súa nova situación, como refuxiados/as, debido a que desaparecen as súas actividades de socialización; tamén se senten sen ningunha potestade, considerándose a si mesmos como unha carga para as súas familias e o seu grupo social.

O proxecto atenderá a persoas refuxiadas a causa do conflito en Siria (70%) e a libaneses de comunidades de acollida en situación de vulnerabilidade (30%).

Garantirase un subministro constante de cueiros (3 por día durante 6 meses) para persoas adultas e nenos/as. 

Tamén distribuiranse bolsas e bases de colostomía) e proporcionaranse 300 sesións de logopedia. A selección realizarase sempre priorizando as persoas máis vulnerables.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
LIBANO
Zona de actuación: 
Akkar (gobernación)
Beirut (gobernación)
Bekaa (gobernación)
Axentes: 
ASOCIACION AIDA (AYUDA, INTERCAMBIO Y DESARROLLO)
Contraparte: 

Arc En Ciel

Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír a reducir a vulnerabilidade das persoas refuxiadas e da poboación libanesa de acollida como consecuencia do conflito sirio.

Obxectivo Específico: Satisfacer as necesidades de saúde da poboación refuxiada e de acollida, con especial atención a persoas discapacitadas nas rexións de Akkar , Bekaa e Beirut.

Resultados e actividades: 

Resultado 1: 194 Persoas refuxiadas sirias e persoas con necesidades especiais  libanesas recibiron axuda básica de emerxencia.

A.1.1:  Identificación das persoas beneficiarias

A.1.2:  Distribución de cueiros, bolsas e bases de colostomía

A.1.3:  Prestación de sesións de logopedia

A.1.4:  Seguimento técnico e económico e difusión do proxecto en Galicia

Poboación beneficiaria: 

Directa: Unhas 194 persoas, das cales 72 son mulleres, 72 homes, 25 nenas e 25 nenos.

Indirecta: Unhas 970 das cales 485 son mulleres e 485 homes.

Axudas: 

40.052,00 €