Proxectos

REDUCIR O ÍNDICE DE TRANSMISIÓN DA VIHSIDA NO SECTOR DE FARIM. REXIÓN DE OIO

Fortalecer os servizos de saúde no sector de Farim, sector de Oio.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
GUINEA-BISSAU
Zona de actuación: 
Oio (rexión)
Farim (sector)
Axentes: 
PAZ E DESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

NADEL - Associaçao Nacional para o Desenvolvimento Local Urbano

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
Obxectivos: 

Reducir o índice de transmisión da Sida no sector de Farim, Rexión de Oio

Resultados e actividades: 

Realizar planos de construción
Compra materiais de construción
Construción da infraestrutura
Compra dos equipos
Transporte a Farim dos equipos e instalación no centro
Organizar e constituír os Comités de Xestión
Capacitar aos membros dos Comités de Xestión sobre temas de xestión administrativa, contabilidade e mantemento de base de datos.
Firma do compromiso para futuro dos membros do comité de xestión
Seleccionar ás persoas que recibirán as formacións
Coordinar con formadores e formandos a loxística das formacións
Realizar as formacións
Organización e formación dun grupo de entrevistadoras ou entrevistadores
Realizar as enquisas
Crear unha base de datos do centro
Realización de campañas e eventos de sensibilización
Realización e distribución de materiais informativos
Divulgación a través de programas e debates de radio
Realización de marcha en Farim

Poboación beneficiaria: 

Directa: 200 Persoas. Son mulleres, homes, mozas e mozos da Rede de Asociacións Comunitarias de Farim, á que están destinadas as formacións específicas e a entrega do centro (faranse cargo da xestión e coordinación do centro unha vez acabado o proxecto). Dentro da Rede, lideresas e líderes comunitarios seleccionarán a 5 mozas e mozos para integrar o Comité de Xestión do centro, e 25 animadoras e animadores para beneficiar ás formacións previstas no proxecto. Nestas formacións participarán tamén representantes do persoal local de saúde en número de 10 (no posible darase prioridade ás parteiras rurais para chegar a incidir positivamente sobre os coidados de saúde sexual e reprodutiva).
Indirecta: As poboacións das tabancas ao redor ás que chegarán as sensibilizacións e os servizos do centro.

Axudas: 

146.509,00, €