Proxectos

Reducir o risco e mellorar a resiliencia fronte á violencia machista das mulleres, nenas e nenos pertencentes á poboación refuxiada, desprazada ou retornada en asentamentos da rexión de Diffa, Níxer

Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do dito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:

  • Medida 36: promover que no marco da cooperación internacional se destinen recursos para medidas específicas contra a violencia machista dentro dos protocolos de actuación en campos de refuxiados e refuxiadas.
  • Medida 37: instar a que nos recursos dedicados por España á cooperación internacional para refuxiados e refuxiadas se apliquen medidas específicas para a prevención da violencia machista contra as mulleres e menores de idade, tanto en tránsito como en destino.

O presente proxecto enmárcase dentro da problemática relativa á protección da infancia e a violencia de xénero, buscando reducir o risco e mellorar a  resiliencia fronte á violencia machista das mulleres, nenas e nenos pertencentes á poboación refuxiada, desprazada ou retornada en asentamentos da rexión de  Diffa, Níxer. Neste proxecto inclúense actuacións dirixidas a tres niveles: incidir e capacitar a titulares de obrigacións e titulares de responsabilidades, e empoderar a titulares de dereitos.

Este programa xustifícase ao nivel de aliñamento coas políticas locais e Internacionais presentes na emerxencia de Diffa como son o Plan rexional de protección, o pan de acción sectorial en VBG e os documentos da  OCHA.

O conxunto das actividades terá como obxectivo específico facilitar o acceso ao dereito a axuda humanitaria e a dignidade de 14.400 persoas, unhas 7.344 mulleres e 7.056 homes, directamente refuxiadas, desprazadas ou de acollida con elevada vulnerabilidade na rexión de Diffa. A vontade de  DIKO e de  ACPP é de continuar traballando en participado e de apoiar as competencias locais a todos os niveis integrándose no Plan rexional de resposta humanitaria. En efecto, esta intervención ten un carácter humanitario xustificado pola urxencia nas necesidades identificadas polo conxunto de actores humanitarios locais e internacionais presentes en Diffa.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
NÍXER
Zona de actuación: 
Diffa (rexión)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

DIKO Association pour le Secours aux Populations Vulnérables

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
72050 - Coordinación dos servizos de protección da axuda
Obxectivos: 

Obxectivo  xeral: Contribuír ao exercicio do dereito para vivir con dignidade e a protección das mulleres, nenas e nenos pertencentes á poboación refuxiada, desprazada ou retornada na rexión de  Diffa, Níxer.

Obxectivo específico: Reducir o risco e mellorar a  resiliencia fronte á violencia machista das mulleres, nenas e nenos pertencentes á poboación refuxiada, desprazada ou retornada en asentamentos da rexión de  Diffa, Níxer.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Melloradas as capacidades de prevención e resposta fronte a violencia machista dos actores do sector de protección (175, persoas datos non disgregables).

A 1.1.1: Formación aos membros das forzas de defensa e seguridade nigerinas sobre a  VBG.

A 1.1.2: Formación ao equipo de DIKO en Diffa e outros membros doutras organizacións do sector humanitario sobre  VBG.

A 1.1.3: Formación reciclaxe dos subcomités  VBG.

RE 1.2: Promover accións de mitigación da violencia machista na rexión de  Diffa, Níxer.

A 1.2.1: Organización de encontros comunitarios sobre a  VBG nas tres zonas de intervención.

A 1.2.2: Realización de tres sesións de mobilización comunitaria para a eliminación da violencia contra as mulleres.

A 1.2.3: Dinamización de tres espazos seguros das mulleres.

Actividades Comúns:

A 0.1.1: Información e coordinación da intervención con actores humanitarios (titulares de responsabilidades) na zona de actuación.

A 0.1.2: Participación ás reunións e os grupos de traballo organizados pola OCHA-Níxer en  Diffa e  Niamey.

A .0.1.3: Actividades de seguimento e avaliación de  ACPP e  DIKO.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Estímase que a poboación beneficiara directa serán unhas 250 persoas.

Indirecta: A poboación indirecta é un total de 14.400 persoas, unhas 7.344 mulleres e 7.056 homes, directamente refuxiadas, desprazadas ou de acollida con elevada vulnerabilidade na rexión de Diffa.

Axudas: 

  Axuda Xunta de Galicia: 40.000 € (2019)