Proxectos

Reforzo da Acuicultura Rural a Pequena Escala e a Investigación Pesqueira en Cabo Delgado, Mozambique

O proxecto pretende apoiar a aplicación dun modelo de produción acuícola nas comunidade rurais que supoñan por un lado, a diversificación de fontes de ingresos no marco da estratexia da loita contra a pobreza, e por outro unha contribución á seguridade alimentaria mediante o reforzo da dieta alimenticia.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Cabo Delgado (provincia)
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Código CRS: 
31310 - Política pesqueira e xestión administrativa
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida e diversificar a fonte de ingresos das comunidades rurais a través de:
- O desenvolvemento da acuicultura continental a pequena escala en Mueda, Cabo Delgado.
- A explotación racional e sostida dos recursos pesqueiros na Provincia de Cabo Delgado.
Obxectivo específico 1: Definir e desenvolver un modelo produtivo viable e sostible de acuicultura rural como actividade xeradora de ingresos e alimento a través da involucración directa das comunidades rurais do Distrito de Mueda.
Obxectivo específico 2: Reforzar a capacidade técnica de investigación e de xestión de recursos mariños na Provincia de Cabo Delgado.
Obxectivo específico 3: Sensibilizar á poboación costeira da Provincia de Cabo Delgado na xestión na xestión de recursos sostibles.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. Melloradas as instalacións/estanques de piscicultura de pequena escala.
Actividades
A.1.1.1. Elaboración de plans de acondicionamento de instalacións de cultivo.
A.1.1.2. Rehabilitación/construción de estanques e infraestrutura para o cultivo piscícola.
Resultado 1.2. Defínese e aplicase un modelo produtivo de acuicultura rural baseado na produción en estanques xestionados por comunidades rurais.
Actividades
A.1.2.1. Deseño dun plan de traballo para aplicación de modelo produtivo.
A.1.2.2. Selección de estanques e comunidades.
A.1.2.3. Posta en marcha da produción.
A.1.2.3.1 Preparación dos estanques e condicións óptimas de cultivo.
A.1.2.3.2 Repoboación de estanques.
A.1.2.4 Seguimento da produción
A.1.2.5 Colleita
A.1.2.6 Apoio, coordinación e seguimento da aplicación do modelo de produción e formulación de futuras accións de apoio a corto prazo.
Resultado 2.1. Reforzada a capacidade institucional de avaliación de stocks no medio natural.
Actividades
A.2.1.1 Seguimento dos mostraxe de capturas de polbo.
Resultado 2.2. Aplicado un protocolo de avaliación de outros cefalópodos de interese pesqueiro (p.j. lura)
Actividades
A.2.2.1 Aplicación do protocolo de avaliación de stocks de lura.
Resultado 3.1. Mellorar a divulgación de resultados de investigación e medidas de xestión a nivel do sector pesqueiro e a sociedade civil en xeral.
Actividades
A.3.1.1: Deseño e aplicación dun programa de divulgación en xestión sostible de recursos pesqueiros dirixido ás comunidades pesqueiras e sociedade civil.
A.3.1.2: Avaliación interna do programa de divulgación e formulación de futuras accións de reforzo.

Axudas: 

120.265,90 € (2015)