Proxectos

Reforzo da atención sanitaria a través da dotación de equipos, medicamento e alimentación no Hospital Nacional Central

O sistema económico de refuxiados saharauís é practicamente inexistente, dada a situación de conflito que se vive na zona , polo que a ausencia dunha base económica estable dificulta a satisfacción plena das necesidades elementais da poboación.

A situación continúa a ser difícil para os refuxiados máis vulnerables, que representan o 88% dos 173.600 refuxiados, xa que a subministración no hospital central de medicamentos de urxencia estanse esgotando e os equipamentos médicos básicos son escasos e obsoletos debido á falta de fondos. Este proxecto deseñouse coa finalidade de cubrir parte do déficit existente no subministro de medicamentos, como xa é coñecido na lista nacional só está cuberto nun 70% das necesidades tanto en nomenclatura como en cantidade; tamén pretende apoiar a alimentación no hospital central xa que é sabido que a canastra básica non cubre as necesidades da poboación, nin en cantidade nin en variedade e que as taxas de anemia nos campamentos son preocupantes, sobre todo na poboación infantil, embarazadas e lactantes.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
TERRITORIOS SAHARAUÍS
Zona de actuación: 
Campamentos de refuxiados saharauis
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Contraparte: 

Ministerio de Xuventude Saharauí en Colaboración coa Media Luna Roja Saharauí

Obxectivos: 

Xeral: Mellora das condicións de vida da poboación saharauí a través do fortalecemento do seu sistema sanitario.

Específico: Fortalecer a atención sanitaria nos campamentos a través da mellora da cobertura e calidade na atención no Hospital Central.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Mellora do equipamento básico para as atencións medicas no Hospital central.

  A.1.1.1: Selección e compra do equipamento solicitado.

A.1.1.2: Transporte, entrega e instalación do equipamento.

RE 1.2: Mellora da alimentación dos pacientes do Hospital Central.

A.1.2.1: Selección e compra de alimentos solicitados.

A.1.2.2: Transporte, entrega e dos alimentos.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 173.600 refuxiados, dos que se estiman 156.000 persoas con extrema vulnerabilidade.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 100.000 €