Proxectos

Reforzo da prestación de servizos de atención médica no Estado de Jonglei, Sudán do Sur, mediante a mellora das infraestruturas básicas de saúde e do acceso á asistencia sanitaria nos distritos de Bor South, Duk e Twic East

Este proxecto trata de dar continuidade a proxectos que Médicos do Mundo leva desenvolvendo desde o ano 2017 no Estado de Jonglei en Sudán do Sur. Ten como obxectivo principal fortalecer o sistema sanitario, mellorando a infraestrutura e asegurando o dereito á saúde mantendo a atención sanitaria e a medicación esencial gratuítas. Desta maneira, espérase, por unha banda, aumentar a frecuencia de uso, reducir o risco de infeccións e mellorar os resultados de saúde en todos os establecementos apoiados, e, doutra banda, contribuír a reducir a morbilidade e mortalidade materno infantil ao garantir, mediante os paneis solares, a alimentación necesaria 24 horas / 7 días para atención obstétrica e neonatal básica de emerxencia.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
SUDÁN DO SUR
Zona de actuación: 
Bor South (distrito)
Duk (distrito)
Jonglei
Twic East (distrito)
Axentes: 
MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Contraparte: 

Ministerio de Saúde do Estado de Jonglei (Jonglei State Ministry of Health, SMoH)

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
73010 - Axuda á reconstrución e rehabilitación
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á mellora do estado de saúde da poboación dos distritos de Bor South, Duk e Twic East no estado de Jonglei, Sudán do Sur.

Específico: Mellora da calidade da atención sanitaria en establecementos de saúde dos distritos de Bor South, Duk e Twic East no estado de Jonglei, Sudán do Sur.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorada a infraestrutura sanitaria dos distritos de Bor South, Duk e Twic East.

            A.1.1.1 Avaliación completa das necesidades de rehabilitación no Hospital Estatal de Bor e o Hospital de Panyagor en consulta con SMoH e CHD.

            A.1.1.2 Preparación do BoQ (Bill of Quantities) e o expediente das obras e a instalación de paneis solares para a selección de contratistas.

            A.1.1.3 Monitorear o transporte de materiais e o progreso dos contratistas seleccionados.

            A.1.1.4 Verificar os traballos de rehabilitación e instalación solar completados polo/os contratista(s) xunto con CHD/SMoH. Haberá un período de retención de tres meses para o último pago porcentual ao/aos contratista(s) para asegurar a calidade dos traballos.

RE 1.2. Mellorado o acceso a medicamentos prescritos gratuítos nos distritos de Bor South, Duk e Twic East.

            A.1.2.1 Avaliación completa das necesidades de medicamentos en consulta con SMoH para os distritos de Bor South, Duk e Twic East.

            A.1.2.2 Lanzar e levar a cabo o proceso de adquisición con solicitudes de cotización, comité de avaliación, validación de provedores e orde de compra.

            A.1.2.3 Recibir, almacenar e dispensar medicamentos e subministracións médicas esenciais nas instalacións de saúde identificadas nos distritos de Bor South, Duk e Twic East.

            A.1.2.4 Monitorear o consumo de medicamentos mediante a revisión de informes de existencias mensuais e realizar visitas de supervisión e apoio regulares.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 29.882 persoas das cales 8.382 son mulleres, 8.053 son homes, 6.589 nenos e 6.858 nenas.

Indirecta: 140.748 persoas, das cales 39.480 son mulleres, 37.931 homes, 31.035 nenos e 32.302 nenas.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 70.000,00 €