Proxectos

Reforzo da resposta sanitaria e da estratexia comunitaria cara ao COVID-19 no distrito de Matola, Mozambique

A través desta intervención Médicos do Mundo pretende contribuír á prevención e diminución da transmisión de COVID-19 nas unidades sanitarias e tamén a nivel comunitario no Posto Administrativo de Infulene, Distrito de Matola, Provincia de Maputo.

O obxectivo do proxecto será o de fortalecer a resposta do sistema público de saúde, en colaboración cos actores comunitarios, en materia de prevención e control de infección por COVID-19 e para iso a intervención centrarase en proporcionar capacitación aos/ as técnicos/as de 6 unidades sanitarias (US) do Posto Administrativo de Infulene (Ndlavela, Kongolote, Boquisso, Muhalaze, Machava1 e T3) en materia de prevención, detección, diagnóstico e protocolo de Prevención, Infección e Control (PCI), creando condicións para que os titulares de dereito teñan acceso a unha atención médica de calidade. Como resultados, a intervención impulsará a realización de actividades coordinadas entre o sector da saúde e os actores comunitarios, con énfase nos secretarios de veciñanza, xefes de barrio e responsables de saúde da comunidade, para responder dunha forma máis holística á pandemia do COVID-19.

Estes actores comunitarios recibirán capacitación baseada no paquete comunitario de loita contra o COVID-19, unha ferramenta aprobada polo MISAU (Ministerio de Saúde de Mozambique) que, entre outros aspectos, establece o fluxograma que se utilizará para que os casos sospeitosos cheguen aos servizos de saúde. As intervencións deste proxecto destinaranse principalmente ao grupo de persoas maiores, persoas con diversidade funcional e mulleres e nenos como colectivos de maior vulnerabilidade.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Matola
Axentes: 
MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Contraparte: 

Servizo Distrital de Saúde, Muller e Acción Social

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á prevención e diminución da transmisión de COVID-19 nas unidades sanitarias e tamén a nivel comunitario no Posto Administrativo de Infulene, Distrito de Matola, Provincia de Maputo, Mozambique.

Específico: Fortalecer a resposta do sistema público de saúde, en colaboración cos actores comunitarios, en materia de prevención e control de infección por COVID-19.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecidas as capacidades das unidades sanitarias para a resposta ao COVID-19.

A.1.1.1 Realizar capacitación sobre prevención, detección, diagnóstico e protocolo IPC para 20 técnicos das unidades sanitárias: Ndlavela, Kongolote, Boquisso, Muhalaze, T3 e Machava1.

A 1.1.2 Adquirir material PCI para as unidades de saúde de intervención.

A 1.1.3 Visitas de vixilancia para a aplicación do protocolo PCI.

RE 1.2 Mellorada a coordinación entre as US e os actores comunitarios para prevención e resposta ao COVID-19.

A 1.2.1 Mapeo dos actores comunitarios para apoiar a posta en marcha da estratexia comunitaria de resposta ao COVID-19.

A 1.2.2. Capacitación de 60 actores comunitarios sobre prevención ao COVID-19.

A 1.2.3 Mobilización social a través do uso dos medios de comunicación social.

A 1.2.4 Realizar brigadas móbiles para a detección, a recolección de mostras, o seguimento de casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 (por SDSMAS e actores comunitarios).

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 80 (25 mulleres e 55 homes), entre técnicos/as de saúde e actores comunitarios.

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 390.399 persoas (274.473 mulleres e 256.850 homes), entre colectivos de maior vulnerabilidade, especialmente mulleres e nenas.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 47.398,42 €