Reforzo das capacidades técnicas de formación en acuicultura técnica a pequena escala en Mozambique
En Mozambique, o sector da pesca contribúe, segundo datos do 2005, á xeración do 2% do PIB. Trátase dun sector que proporciona emprego directo a máis de 130.000 persoas; actualmente, o sub-sector da acuicultura en Mozambique está representado por unha industria de produción de camarón mariño que produce unha media de 1000 toneladas anuais. A adopción da Acuicultura como actividade produtiva por parte das comunidades rurais é fundamental para mellorar as condicións de vida destas e asegurar a súa seguridade alimentaria. A través desta intervención contribuíuse á obtención dunha mellora das capacidades dos/ás formadores/ás do programa de formación de acuicultura técnica a pequena escala. As actividades orientáronse cara á mellora da competencia técnica dos/ás profesionais que se dedican a impartir formación neste sector a través da mellora dos programas de formación.
Instituto Nacional de Desenvolvemento de Aquacultura, INAQUA
Obxectivo Xeral: Mellorar o nivel de formación en acuicultura a pequena escala en Mozambique.
Obxectivo Específico: Reforzar as capacidades dos formadores do programa de formación de acuicultura técnica a pequena escala.
Resultado 1.1.: Incrementado o nivel de competencia técnica dos formadores en Acuicultura Rural en Mozambique.
Actividades:
A.1.1.1.: Identificación do equipo de traballo.
A.1.1.2.: Revisión do plan de formación técnica do INAQUA.
A.1.1.3.: Deseño dun programa de formación de formadores entre INAQUA, IGAFA e CETMAR.
A.1.1.4.: Preparación de material didáctico.
A.1.1.5.: Desprazamento dos formadores a España.
A.1.1.6.: Implementación do programa de formación de formadores en IGAFA.
A.1.1.7.: Avaliación do programa.
Resultado 1.2.: Mellorados os programas de formación técnica en acuicultura en Mozambique.
Actividades:
A.1.2.1.: Preparación dun programa de formación de formadores interno do INAQUA.
A.1.2.2.: Apoio de seguimento aos formadores en Mozambique.
Resultado 1.3.: Mellorada a calidade do material formativo nos programas de acuicultura rural en Mozambique.
41000