Proxectos

Reforzo do sistema de protección da infancia e dos servizos integrados de prevención e resposta aos problemas de protección da infancia, incluída a violencia de xénero, no distrito de acollida de refuxiados de Yumbe (Uganda).

O obxectivo da intervención é reforzar a contorna de protección das nenas e os nenos nos asentamentos de refuxiados e comunidades de acollida do distrito de Yumbe en Uganda. Para logralo, UNICEF reforzará o sistema de protección do Goberno de Uganda e proporcionará servizos directos de prevención e resposta ás nenas, nenos e adolescentes do distrito de Yumbe, incluído Bidibidi, o maior asentamento de refuxiados do país. Apoiarase ao Goberno Local do distrito para reforzar o seu sistema de protección a través da coordinación regular, o fortalecemento das vías de derivación e os sistemas de xestión da información, e a través da promoción dunha maior asignación orzamentaria para a protección da infancia.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
UGANDA
Zona de actuación: 
Yumbe (distrito)
Axentes: 
UNICEF
Contraparte: 

UNICEF UGANDA

Código CRS: 
15180 Loita contra a violencia cara a mulleres e nenas
Obxectivos: 

Xeral: Protexer ás nenas e os nenos da violencia e outros problemas de protección nos lugares seleccionados.

Específico: O sistema de protección da infancia en Yumbe está plenamente reforzado, con servizos de prevención e resposta eficientes e eficaces para asegurar que todas as nenas e nenos estean protexidos de todas as formas de violencia, incluída a violencia de xénero.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. O sistema de protección da infancia dos distritos refórzase mediante unha maior capacidade técnica e mecanismos de coordinación funcionais.

A.1.1.1. Apoiar ao Goberno Local do Distrito para que convoque aos Socios de Protección Infantil (Departamento de Xustiza, Policía-Unidade de Protección da Infancia e a Familia, organizacións da sociedade civil etc.)/ etc.) a reunións trimestrais de coordinación para fortalecer a coordinación da protección infantil no distrito.

A.1.1.2. Apoiar ao Goberno Local do Distrito para fortalecer o Sistema de Información de Xestión da protección integrada que se utiliza para recompilar, analizar e xerar datos administrativos rutineiros para supervisar diversos indicadores de rendemento sobre todas as formas de violencia contra as nenas, os nenos e as mulleres, incluídas as prácticas nocivas.

RE 2.1. As comunidades destinatarias – nenas, nenos, nais e pais- e o persoal gobernamental teñen capacidade en materia de protección infantil, incluída a prevención e mitigación da violencia de xénero.

A.2.1.1. Apoiar ao Goberno Local do Distrito de Yumbe para despregar o novo manual de formación para pais do Ministerio de Xénero, Traballo e Desenvolvemento Social aos grupos de apoio ás nais e pais para mellorar a crianza, a identificación, a prevención e a resposta á violencia, as prácticas nocivas e a violencia de xénero.

A.2.1.2. Apoiar ao Goberno Local do Distrito de Yumbe para despregar a formación de habilidades para a vida dos grupos de adolescentes para identificar, previr e responder á violencia, as prácticas nocivas e a violencia de xénero.

RE 3.1. As nenas, nenos e as súas familias teñen acceso a servizos de protección multisectoriais de calidade, incluída a xestión de casos.

A.3.1.1. Os responsables (traballadores de benestar social, policía, sanidade, xudicatura e estruturas comunitarias) son capaces de proporcionar servizos adecuados de xestión de casos de protección infantil ás nenas e nenos, incluídos os sobreviventes da violencia de xénero.

Poboación beneficiaria: 

Directa:  2.194 persoas (974 mulleres; 1.220 homes).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 84.000 €