Proxectos

Reforzo servizos integrais de saúde a grupos vulnerables en Ramallah e Ciudad de Gaza, Palestina

Este proxecto aborda a crise humanitaria en Palestina debido á violencia desde outubro de 2023, enfocándose en mellorar a saúde mental de persoas vulnerables en Gaza e Ramallah. Busca crear espazos seguros e ofrecer apoio psicosocial, tanto presencial como remoto, para fortalecer a resiliencia das vítimas do conflito. Responde ás necesidades locais e alíñase con plans internacionais de cooperación, cun enfoque participativo e feminista.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Axentes: 
ONG RESCATE INTERNACIONAL
Contraparte: 

Treatment and Rehabilitation Center for Victims of Torture (TRC)

Código CRS: 
7201002 - Axuda en emerxencia: medicina e saúde
Obxectivos: 

 Xeral:  Favorecer a construción da paz a través do incremento da resiliencia de persoas afectadas pola violencia en Palestina.

Específico: Reforzar os servizos integrais de saúde, con énfase na saúde mental, a grupos vulnerables de poboación en Ramallah e cidade de Gaza.

           

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorada a saúde mental de poboación afectada polo conflito (especialmente mulleres e poboación infantil) e persoal sanitario a través da posta en marcha dun espazo seguro en Ramallah.

A.1.1.1. Deseño e montaxe do espazo seguro.

A.1.1.2. Entrega de Kits mixtos de Hixiene e de apoio educativo a familias afectadas polo conflito.

A.1.1.3. Sesións de arteterapia e terapia mediante o xogo para poboación infantil.

A.1.1.4. Sesións de terapia individual, grupal e familiar para poboación afectada polo conflito.

A.1.1.5. Programa de coidados para coidadores/as (apoio psicolóxico a psicólogos/as de TRC).

RE 1.2. Fortalecidos os servizos de atención psicolóxica especializada a poboación vulnerable sobrevivente de violencia na Cidade de Gaza.

A.1.2.1. Identificación de casos susceptibles a terapia.

A.1.2.2. Terapia individual profunda, especializada en poboación adulta e terapia integral familiar.

        A.1.2.3. Atención directa ás persoas a través da hotline.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 2235 (986 homes/nenos e 1249 mulleres/nenas)

Indirecta: 13410 (5364 homes/nenos e 8046 mulleres/nenas)

Axudas: 

75.000,00 € (2025)