Proxectos

Refuxios fronte ao conflito: Construción Segura e Capacitación Comunitaria en Meluco, Mozambique

O proxecto desenvolverase no distrito de Meluco, Cabo Delgado, e ten como obxectivo abordar as necesidades urxentes das comunidades afectadas polo prolongado conflito armado na rexión, que deixou a máis de 700,000 persoas desprazadas internamente e máis de 630.000  que retornaron ás súas comunidades de orixe despois do conflito (perdendo os seus anteriores recursos, vivendas e medios de vida), aumentando a taxa de pobreza drasticamente

Esta intervención busca mellorar as condicións de vida e promover a resiliencia das familias desprazadas mentres traballan cara a unha recuperación sostible e duradeira. O proxecto conta con dúas intervencións principais, a primeira centrada en aliviar o sufrimento e salvar vidas, a cal se centrará na distribución de 300 kits de refuxios de emerxencia e 300 kits de bens non alimentarios de primeira necesidade para as familias desprazadas polo conflito. E a segunda está destinada a mellorar a resiliencia destas comunidades e os seus niveis de protección a través da construción de 70 refuxios e o desenvolvemento de formacións en construción resiliente, co obxectivo de mellorar a súa capacidade para construír e manter refuxios seguros.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Cabo Delgado (provincia)
Axentes: 
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Fundación Axuda en Acción - Mozambique

Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a salvar vidas e reducir o sufrimento da poboación máis vulnerable afectada polo conflito na provincia de Cabo Delgado.

Específico: Mellorar as condicións de vida e seguridade das familias desprazadas polo conflito armado no distrito de Meluco,  Mozambique, a través da provisión de refuxios seguros e bens de primeira  necesidade.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mellorados os niveis de protección das familias vulnerables afectadas polo conflito a través do acceso a refuxios seguros e adaptados.

A.1.1.1 Identificación de beneficiarios segundo criterio de vulnerabilidade.

A.1.1.2 Construción de 70 refuxios adaptados e seguros nos centros de reasentamiento do distrito de Meluco.

A.1.1.3 Formación ás poboacións dos centros en técnicas de construción resiliente.

A.1.1.4 Realización e análise de enquisas de satisfacción.

RE 1.2 Asegurado o acceso a materiais esenciais para a construción de abrigos e bens non alimentarios para as familias desprazadas polo conflito armado.

A.1.2.1 Identificación de beneficiarios segundo criterio de vulnerabilidade.

A.1.2.2 Distribución de 300 kits de reparación e/ou construción de refuxios de emerxencia (1 lona 4x6 m, 1 kg de corda reciclada de pneumático, 1 kg de cravos e un kit de ferramentas).

A.1.2.3 Distribución de 300 kits de bens esenciais non alimentarios de primeira necesidade.

A.1.2.4 Realización e análise de enquisas de satisfacción.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.950 (658 mulleres; 528 homes; 321 nenos; 443 nenas)

Indirecta: 10.161 (3.426 mulleres; 2.753 homes; 1.673 nenos; 2.308 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 75.000 €