Rehabilitación da rede de Servizos de Saúde Sexual e Reprodutiva (SSR) e da Saúde Infantil (SE) de menores de 5 anos na Rexión de Petit-Goâve. Haití
Médicos do Mundo leva dous anos dando resposta á situación de urxencia que vive Haití en materia de saúde na rexión de Petit-Goâve do Departamento Oeste. Lexitimada na confianza xerada entre a poboación e institucións sanitarias locais, a organización quere superar a resposta de urxencia para dotar á intervención dun carácter máis estable e planificado, acorde ao enfoque de Vinculación entre Axuda-rehabilitación e Desenvolvemento (VARD). Deste xeito, e aliñados coa Política Nacional Sanitaria, propón contribuír no desenvolvemento dunha acción sanitaria para o período o 2012-2014, na cal se enmarca o presente proxecto.
Máis concretamente, o proxecto sitúase nun dos eixos de acción planificados para o período sinalado cuxo obxectivo fundamental é mellorar o acceso, a cobertura, a calidade e a calidez na atención e os coidados en materia de saúde sexual e reprodutiva e saúde infantil no fortalecemento institucional do Centro de Saúde Vialet. A intervención configúrase en tres eixos: fortalecemento das capacidades técnicas sanitarias do persoal sanitario do centro; fortalecemento e adecuación dos establecementos de atención primaria de saúde de primeiro nivel en materia de saúde sexual e reprodutiva e saúde infantil; e, fortalecemento do sistema de recollida de información e sensibilización comunitaria para a toma de decisións en materia de saúde comunitaria.
Espérase que ao final da intervención o Centro de Saúde de Vialet se converta en referente de atención e coidados en saúde sexual e reprodutiva e saúde infantil para a poboación, garantindo a mellora dos servizos sanitarios e o seu acceso e goce. Así mesmo, traballarase en coordinación coa Oficina da Unidade Comunal de Sanidade Goavienne para asegurar que as actividades do proxecto se adecúen á política do sistema público de saúde de Haití.
Ministerio de Saúde Pública e da Poboación: Dirección sanitaria do Departamento Oeste (DSO)
Obxectivo Xeral: Contribuír á mellora da SSR, saúde infantil e diminución da morbimortalidade por infeccións hídricas na área rural de Petit-Goâve, departamento do oeste-Haití.
Obxectivo Específico: Mellorar o acceso, a cobertura, a calidade e a calidez da atención e coidados en saúde sexual e reprodutiva e Saúde infantil no centro de saúde de Vialet na Comuna de Petit-Goâve en Haití.
Resultado 1.1.: Persoal sanitario do centro de saúde de Vialet capacitado en coidados básicos e para a atención en SSR, saúde infantil e enfermidades de transmisión hídrica.
Actividades:
A.1.1.1.: Diagnóstico das necesidades de formación do persoal sobre Saúde Sexual e Reprodutiva, Saúde Infantil, e enfermidades Hídricas no centro de saúde/ Hospital da área de cobertura.
A.1.1.2.: Avaliación de necesidades e apoio aos sistemas de referencia e contrarreferencia do dispensario CS, ao Hospital de referencia.
A.1.1.3.: Diagnóstico sobre as dificultades de acceso desde as comunidades/localidades cara aos dispensarios/Centros de Saúde e hospital de Petit Goave.
A.1.1.4.: Posta en marcha dun programa de formación do persoal sanitario de dispensario/CS en SSR, SE e IH, baseado no diagnóstico previo e nos protocolos do MSPP/OMS.
Resultado 1.2.: Fortalecido establecemento de saúde de primeiro nivel con insumos para a atención en SSR, saúde infantil.
Actividades:
A.1.2.1.: Diagnóstico/assessment da situación e de necesidades para atención de dispensario/CS, Hospital da zona de Cobertura de Petit Goave (RRHH, infraestruturas, equipamento, materiais, xestión de RRHH, consumibles e subministracións).
A.1.2.2.: Posta en marcha dun programa de reforzo e adecuación de espazos para atención en Saúde Sexual e Reprodutiva e Saúde Infantil en base a diagnóstico previo dos CS/dispensario e hospital baseado en partenariados con ONG e asociacións locais.
A.1.2.3.: Cotización, compra e distribución de materiais e equipamento necesarios para a adecuación dos EESS e materiais médicos e non médicos para a atención dos programas de SSR, SE e para os sistemas de referencia e contra referencia.
Resultado 1.3.: Fortalecida e articulada a Estratexia de saúde comunitaria co centro sanitario de referencia de primeiro nivel.
Actividades:
A.1.3.1.: Acordos de colaboración con MSPP, ONG, Líderes comunitarios, Organizacións Internacionais.
A.1.3.2.: Identificación selección de facilitadores para a formación, supervisión, estratexia (ACS, Parteiras).
A.1.3.3.: Elaboración Plan de supervisión ACS, parteiras.
A.1.3.4.: Elaborar, deseñar, adaptar, fichas para a recollida de información por parte dos ACS e centros de saúde.
A. 1.3.5.: Supervisión e validación continua do uso das fichas para a recollida de información por parte dos ACS e centros de saúde.
Directa: 9.000 persoas a través do fortalecemento comunitario onde se inclúen 200 xestantes; 33.000 beneficiarios e beneficiarias a través do fortalecemento institucional de primeiro nivel onde se inclúen 900 xestantes esperadas para a área de cobertura do Centro de Saúde; 40 Axentes comunitarios de saúde; 5 Profesionais sanitarios e non sanitarios do Centro de Saúde de Vialet.
Indirecta: 1.157.256 persoas.
173.310,00 (2012: 51.993,00; 2013:121.317,00)