Rehabilitación de sistemas de abastecemento no distrito de Palma e reforzo das institucións responsables do servizo de auga en Cabo Delgado, Mozambique
O proxecto que se presenta é a Fase II da intervención da cooperación galega no sector da auga na provincia de Cabo Delgado, Mozambique, executado actualmente por Adantia, S.L. Partindo destes resultados do proxecto en marcha “Asistencia técnica para a mellora do desempeño do sector da auga no distrito de Palma (Cabo Delgado, Mozambique)” 2010-2011, proponse continuar traballando na mesma liña de reforzo institucional e mellora da funcionalidade e sostibilidade dos servizos da auga na provincia.
Governo do Distrito de Palma (GdP)
Obxectivo xeral: Mellorar a sustentabilidade e equidad nos servizos de auga da provincial de Cabo Delgado, Mozambique.
Obxectivo específico: Mellorar a cobertura e acceso á auga mellorada na vila de Palma.
Aumentar a capacidade dos recursos humanos das institucións de auga para planificar e asistir ás comunidades.
- Seleccionar as intervencións a realizar no sistema de abastecemento de auga da vila de Palma en coordinación con todos os axentes presentes.
- Elaborar cadernos de encarga, lanzar concurso, seleccionar e contratar a empresa(s) para a execución da rehabilitación parcial.
- Executar a rehabilitación parcial do sistema.
- Fiscalizar e corrixir os defectos da intervención.
- Entregar a obra e propor modelos de xestión.
- Actualizar o levantamento de fontes.
- Analizar e interpretar os indicadores de acceso e funcionalidade.
- Planificar as intervencións en fontes dispersas no distrito de Palma en 2012
- Preparar os cadernos de encarga, lanzar concurso, seleccionar e contratar a empresa(s) para a
rehabilitación de fontes financiado polo proxecto.
- Executar as rehabilitacións e adquisición de novas bombas manuais e pezas.
- Fiscalizar os traballos de rehabilitación e instalación de bombas.
Entregar as fontes rehabilitadas e reforzar a xestión e mantemento comunitario.
- Diagnóstico de capacidades e elaboración dun Plan de Formación para o técnico de auga do distrito e o enxeñeiro do DÁS.
- Formación en informática do técnico de Palma.
- Formación no CFPAS do técnico de Palma
- Formación en planificación e GIS do enxeñeiro do DÁS
- Implementación dunha base de datos dos servizos de abastecemento de auga na provincia.
- Viaxes de supervisión do DÁS ao distrito de Palma
- Viaxes de supervisión do SDPI ás comunidades do distrito.
- Seminario de coordinación e planificación do sector en Pemba (2012)
Directa: 19.300 persoas.
Indirecta: 32.768 persoas.
99.680,00 € (2011: 34.888,00 € - 2012: 64.792,00 €)