Proxectos

REHABILITACIÓN E EQUIPAMENTO DE EDIFICIOS ESCOLARES PARA A EDUCACIÓN BÁSICA DE NENOS E NENAS SEN RECURSOS NA LOCALIDADE DE MOCUMBI.MOZAMBIQUE - PROMOCIÓN EDUCATIVA EN MOCUMBI

(OX) MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DA POBOACIÓN SEN RECURSOS DA LOCALIDADE DE MOCUMBI A TRAVÉS DA PROMOCIÓN EDUCATIVA E FORMATIVA DE CALIDADE

(OE1) AO FINAL DO PROXECTO POLO MENOS 670 NENOS E NENAS E 130 ADULTOS DA LOCALIDADE DE MOCUMBI DISPORÁN DE ESPACIOS ESCOLARES REHABILITADOS E SEGUROS, ASÍ COMO DE EQUIPAMENTO ESCOLAR AXEITADO PARA ASISTIR ÁS CLASES DE ENSINO PRIMARIO E ALFABETIZACIÓN EN CONDICIÓNS AXEITADAS

(OE2) AO FINAL DO PROXECTO POLO MENOS 21 PROFESORES/AS CONTARÁN CON AULAS APROPIADAS PARA DAR CLASES E UNHA SALA DE PROFESORADO. O PERSOAL ADMINISTRATIVO CONTARÁ CON ESPACIOS AXEITADOS PARA O SEU TRABALLO, MELLORANDO ASÍ AS CONDICIÓNS LABORAIS DE TODOS/AS

(A1) DEFINICIÓN TÉCNICA E ELABORACIÓN DEFINITIVA DE CROQUIS PARA O PROXECTO DE REHABILITACIÓN

(A2)REUNIÓNS PARA INFORMACIÓN, DIFUSIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE O PROXECTO E PARA SOLICITAR COLABORACIÓN DURANTE A EXECUCIÓN COA DIÓCESE DE PROVINCIA, COS RESPONSABLES DO GOBERNO LOCAL, E COA COMUNIDADE BENEFICIARIA

(A3) REALIZACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN, PREVIA CONTRATACIÓN DO EQUIPO DE TRABALLADORES DA CONSTRUCIÓN E AS SÚAS CUADRILLAS

(A4) ADQUISICIÓN E INSTALACIÓN DO EQUIPAMENTO

(A5) PREPARACIÓN DA PROPOSTA DO PROGRAMA EDUCATIVO, MELLORADO PARA O CICLO DE PRIMARIA E OS CURSOS DE ALFABETIZACIÓN, CON PARTICIPACIÓN DE PROFESORES NA ELABORACIÓN

(A6) XESTIÓN, SEGUEMENTO E AVALIACIÓN DO PROXECTO DO SOCIO LOCAL E DA ONGD SOLICITANTE

BENEFICIARIOS/AS: 670 NENOS E NENAS E 130 ADULTOS/AS

Ano: 
2005
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Mocumbi
Inhabane (provincia)
Axentes: 
PROYDE - PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO
Código CRS: 
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
Axudas: 

71.150.00 €