Proxectos

Remodelación da casa sanitaria Galicia afectada polas inundacións

A Casa sanitaria de Galicia foi comezada a construír no ano 2013 rematando a súa obra no ano 2014 na Wilaya de Bojador na Daira. Esta casa foi construída coa intención de que o persoal médico que viaxase nas Comisión Sanitarias para ofrecer os seus servizos no terreo tivese un lugar onde descansar comodamente sen ter que desprazarse a instalación afastadas.

Esta casa sanitaria foi construída grazas á financiación da oficina de Cooperación da Xunta de Galicia que colaborou co proxecto executado pola entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Neste momento a casa sanitaria atópase nunhas condicións bastante deplorables debido o paso dos anos e por enriba de todo polas inundacións que se sufriron nos campamentos de refuxiados o pasado mes de setembro que empeorou as condicións desta. Por este motivo procederase a rehabilitación de dita casa sanitaria.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
TERRITORIOS SAHARAUÍS
Zona de actuación: 
Campamentos de refuxiados saharauis
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a solucionar os efectos adversos das inundacións nos campamentos a través da realización de obras de remodelación e rehabilitación da Casa sanitaria.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 35.000 € (financiado pola SXT da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes)