“Repensando o dereito á saúde dende o cine, a fotografía e o teatro social. Sensibilización do estudantado universitario galego en materia de DD.HH., acceso á saúde e equidade de xénero”
A presente proposta trata de dar resposta á necesidade de fortalecer as competencias e capacidades do persoal sanitario e farmacéutico (profesionais e persoas expertas) en materia de dereito á saúde e acceso a medicamentos esenciais. Abordamos así a ausencia de experiencias e capacidades na comunidade da Universidade de Santiago de Compostela no marco de Dereitos Humanos, acceso á saúde e equidade de xénero, a través dun proceso de sensibilización, formación e comunicación baseado en metodoloxías artísticas, participativas e creativas no marco do Aprendizaxe-Servizo Solidario (ApS).
Obxectivo xeral: Contribuír á construción dunha cidadanía galega comprometida e implicada en materia de dereito á saúde e equidade de xénero para promover o cumprimento dos Dereitos Humanos.
Obxectivo específico: Formada e sensibilizada a comunidade universitaria galega das ramas social e sanitaria sobre a influencia dos condicionantes de xénero no cumprimento do dereito á saúde favorecendo a xeración dun efecto multiplicador entre a cidadanía.
Resultado 1.1: Sensibilizado o estudantado e profesorado universitario galego da rama social e sanitaria en materia de equidade de xénero e dereito á saúde mediante metodoloxías baseadas en disciplinas artísticas e el aprendizaxe-servizo colectivo.
A1.1.1: Organización e realización de unhas xornadas participativas en materia de DDHH, acceso á saúde e equidade de xénero vinculadas a metodoloxías creativas vinculadas a disciplinas artísticas (cine, fotografía, teatro social).
A1.1.2: Organización e realización dun ciclo de cine e sensibilización.
A1.1.3: Exposición da Mostra "Xénero e Saúde. Equidade e dereito" durante a realización da xornada de fotografía
Resultado 1.2: Desenvolvidos e impulsados espazos de reflexión e participación do estudantado universitario das ramas social e sanitaria de Galicia en materia de DD.HH, dereito á saúde e equidade de xénero.
A1.2.1: Formación dun grupo de voluntariado a partir das xornadas contempladas e realización de reunións organizativas
A1.2.2: Organización e realización da última sesión do ciclo de cine e sensibilización organizada polo grupo de voluntariado
A1.2.3: Organización, realización e exposición dunha nova mostra fotográfica e de material didáctico (libro-dossier) elaborado polo público participante.
Resultado 1.3: Sensibilizada a cidadanía galega en xeral mediante a comunicación e difusión de mensaxes en materia de promoción da equidade de xénero e respecto ao dereito á saúde.
A1.3.1: Adaptación dixital dos materiais elaborados (libro-dossier) polo público participante na web da entidade
A1.3.2: Campaña de difusión nas facultades de rama sanitaria e social de Santiago de Compostela sobre as actividades e resultados do proxecto
A1.3.3: Campaña en medios de comunicación e redes sociais entre a cidadanía galega das actividades e resultados do proxecto.
Directa: O total da poboación directa beneficiaria son 545 persoas (343 mulleres e 202 homes) pertencentes a graos académicos de disciplinas sanitarias e ramas sociais como: Farmacia, Medicina, Enfermería, Educación Social, Ciencias Políticas e Dereito.
Indirecta: Unhas 1.635 persoas, das cales 1.029 son mulleres e 606 homes.
34.995,00 €; 13.998,00 € (2017) e 20.995,00 € (2018)