Proxectos

Resposta ao impacto da emerxencia COVID-19 e as súas medidas de contención na provincia de San Cristóbal, República Dominicana

O proxecto pretende responder á situación de emerxencia creada polo impacto do COVID-19 no país e das medidas de contención da pandemia implantadas polo goberno. Para isto a intervención terá como obxectivo específico proporcionar unha resposta humanitaria a 270 mulleres e as súas familias afectadas pola pandemia COVID-19 e excluídas da resposta do Estado, mediante o fortalecemento das capacidades das organizacións involucradas, a provisión de información oportuna sobre prevención de propagación do virus, así como a subministración de alimentos e insumos de hixiene, en 3 municipios da provincia de San Cristóbal, República Dominicana.

A acción por tanto desenvolverase a través de dúas liñas de intervención/resultados:

1. Fortalecemento das capacidades do socio local CONAMUCA e Defensa civil de San Cristóbal en principios, normas e respostas humanitarias en contexto de epidemia con enfoque WASH, protección e xénero.

2. Brindar asistencia alimentaria e promoción de hixiene para 270 mulleres e as súas familias que foron afectadas pola pandemia do COVID-19 e as medidas de contención estatais, e que foron excluídas da asistencia do Estado.

A intervención terá unha duración total de 6 meses e será implementada por Oxfam e o seu socio local CONAMUCA.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
San Cristóbal (Provincia)
Axentes: 
INTERMÓN OXFAM (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

  CONAMUCA

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á resposta humanitaria con enfoque WASH e de Seguridade Alimentaria fronte á emerxencia causada pola pandemia COVID-19 e as relativas medidas de contención na República Dominicana.

Específico: Proporcionar unha resposta humanitaria a 270 mulleres e as súas familias afectadas pola pandemia COVID-19 excluídas da resposta do Estado, mediante o fortalecemento das capacidades das organizacións involucradas, e a provisión de alimentos e insumos de hixiene na provincia de San Cristóbal.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Fortalecidas as capacidades do socio local CONAMUCA e Defensa civil de San Cristóbal en principios, normas e respostas humanitarias en contexto de epidemia con enfoque WASH, protección e xénero.

A 1.1.1.: Capacitación en principios, normas e respostas humanitarias en contexto COVID-19 con enfoque WASH e protección e xénero para o persoal de CONAMUCA e Defensa Civil de San Cristóbal.

A 1.1.2.: Compra de material de auto protección para persoal de CONAMUCA e Defensa civil.

A 1.1.3.: Vixilancia, seguimento e rendición de contas.

 

RE 1.2: Asistencia alimentaria e promoción de hixiene para 270 mulleres e as súas familias que foron afectadas pola pandemia do  COVID-19 e as medidas de contención estatais, e que foron excluídas da asistencia do Estado.

A 1.2.1: Selección  de familias   beneficiarias  con uso  de tecnoloxías e segundo criterios de selección e validación dos kits de alimentos e insumos de hixiene persoal e do fogar.

A 1.2.2: Compra, preparación e entrega de kits de alimentos e  insumos de hixiene  persoal  e  do  fogar  para  de 270 mulleres e as súas familias en situación de maior vulnerabilidade.

A 1.2.3: Promoción de hixiene para 270 mulleres e as súas familias en situación de maior vulnerabilidade.

A 1.2.4: Vixilancia Post Distribución (PDM).

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 929 persoas (585 mulleres e 344 homes), entre titulares de responsabilidade, de obrigacións e de dereitos.

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 4.724 persoas (2362 mulleres e 2362 homes).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 50.000,00 €