Proxectos

Resposta crise refuxiados Rohingya en Bangladesh

Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do dito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:

  • Medida 36: promover que no marco da cooperación internacional se destinen recursos para medidas específicas contra a violencia machista dentro dos protocolos de actuación en campos de refuxiados e refuxiadas.
  • Medida 37: instar a que nos recursos dedicados por España á cooperación internacional para refuxiados e refuxiadas se apliquen medidas específicas para a prevención da violencia machista contra as mulleres e menores de idade, tanto en tránsito como en destino.

Desde agosto de 2017 a violencia extrema no estado de Rakhine, Myanmar, desencadeou un éxodo masivo de familias Rohingya. En cuestión de semanas, centos de miles de persoas fuxiron en busca de seguridade en Cox' s Bazar (Bangladesh).

A poboación Rohingya perdeu o seu fogar, o seu sustento e é apátrida. Un ano e medio despois, os refuxiados enfróntanse agora a ameazas adicionais. A conxestión nos campamentos é o principal problema para a resposta dos refuxiados e en todos os sectores, e as limitacións de espazo fan que as condicións de vida sexan deficientes debido á alta densidade de poboación en lugares con risco de esvaramentos de terra e inundacións.

A intervención de EDUCO ten como obxectivo levar a cabo un enfoque innovador para abordar a importante brecha de necesidades dos/ as nenos, nenas e adolescentes e asegurar que teñan acceso aos seus dereitos básicos.

A acción de EDUCO é unha resposta integral centrada na protección da infancia. O enfoque de EDUCO pretende complementar a resposta ás necesidades insatisfeitas da poboación obxectivo nos campamentos, involucrando a catro tipos diferentes de beneficiarios: nenos, nenas e adolescentes das comunidades de refuxiados e de acollida, familias e coidadores, mestres e membros da comunidade.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Asia
País: 
BANGLADESH
Zona de actuación: 
Cox’s Bazar
Axentes: 
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
Contraparte: 

  Educo Bangladesh

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á estabilización e normalización da vida cotiá da poboación Rohingya que vive nos campamentos de Cox’ s Bazar (Bangladesh).

Obxectivo Específico: Brindar a nenos, nenas e adolescentes un marco de seguridade e protección que preveña, detecte e dea seguimento á violencia, o abandono, a explotación e o abuso.

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Nenos, nenas e adolescentes menores de 18 anos (en particular nenas e adolescentes mulleres) están protexidos contra a violencia, o abandono, a explotación e o abuso mediante o fortalecemento dos mecanismos comunitarios de protección da infancia.

Actividade 1.1. Capacitación a comités comunitarios para abordar problemas de protección infantil tales como o traballo infantil, a violencia de xénero, así como aquelas prácticas nefastas que teñen máis incidencia neste contexto, como o matrimonio precoz. Incluíndo o desenvolvemento cos membros dos comités comunitarios dun mecanismo de referencia.

Actividade 1.2. Campaña de sensibilización liderada por nenos, nenas e adolescentes para poñer fin á violencia contra a infancia e de xénero, en particular nenas e mozas adolescentes.

Actividade 1.3. Programa de visitas a domicilio ("sesións de té/café") para concienciar aos membros da comunidade e as familias sobre problemas de protección infantil que afectan de maneira particular a nenas e adolescentes mulleres (violencia machista, matrimonio infantil, traballo infantil, abuso, explotación, dereito a educación de nenas adolescentes, etc).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 880 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 40.000 € (2019)