Resposta humanitaria de UNICEF Cuba – Furacán Ian: Garantindo a reconstrución de escolas afectadas
Este proxecto busca aliviar os efectos do grave impacto do furacán Ian que azoutou a rexión occidental de Cuba en setembro de 2022 e deixou a case un millón de persoas necesitadas de axuda humanitaria. Este Plan de Acción recolle a resposta inmediata das Axencias, Fondos e Programas do Sistema das Nacións Unidas, así como a recuperación a medio prazo, ante os graves efectos provocados polo furacán. Entre outras actuacións, propón actividades de recuperación en 11 concellos da provincia de Pinar del Río. UNICEF lidera os sectores WASH (auga, saneamento e hixiene) e Educación, co obxectivo xeral de mellorar o acceso, almacenamento da auga potable e as condicións de hixiene das comunidades afectadas, así como apoiar a rehabilitación de centros educativos. A intervención conta co apoio da Xunta de Galicia para garantir a adquisición e entrega das subministracións necesarias e apoiar ás autoridades cubanas na reconstrución de tellados e infraestruturas sanitarias de diferentes escolas.
UNICEF Cuba
Xeral: Contribuír ao dereito á educación dos nenos e nenas afectados polo furacán Ian estabilizando o sistema educativo e rehabilitar infraestruturas educativas danadas para xerar un ambiente educativo seguro e protector.
Específico: Apoiar a reconstrución das escolas danadas polo furacán Ian, garantindo o abastecemento de subministracións para a rehabilitación de tellados e infraestruturas sanitarias.
RE 1.1 Garantida a adquisición e entrega garantidas dos subministracións necesarios para a reconstrución de tellados e da infraestrutura sanitaria das escolas danadas.
A.1.1.1 Subministración e entrega de material sanitario que garanta a reconstrución da infraestrutura sanitaria das escolas danadas, en condicións hixiénicas seguras.
A.1.1.2 Subministración e entrega de material de construción que garanta a reconstrución dos tellados danados da escola en condicións de seguridade de estancia e permanencia.
Directa: 885 persoas, das cales 430 son nenos e 455 nenas.
Indirecta: 4.500 persoas, das cales 2.700 son mulleres e 1.800 homes.
Axuda Xunta de Galicia: 35.749,27 €