Resposta humanitaria para a poboación afectada polo Furacán Melissa: Xamaica e Cuba
Este proxecto de resposta ante desastres proporcionará kits humanitarios e materiais esenciais, así como o despregamento de persoal especializado para reforzar, en coordinación coa FICR, a capacidade de resposta das Sociedades Nacionais da Cruz Vermella de Xamaica (JRC) e Cuba (CRC) fronte á poboación afectada.
Este proxecto insírese na estratexia de resposta integrada do Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, cuxo obxectivo global é asistir a máis de 450.000 persoas (150.000 fogares) nos países afectados, das cales 180.000 persoas (60.000 fogares) corresponden a Xamaica e 270.000 persoas (90.000 fogares) a Cuba (FICR, 2025).
Cruz Vermella de Xamaica (JRC) e Cruz Vermella de Cuba (CRC)
Xeral: Asistir a máis de 450.000 persoas (150.000 fogares) nos países afectados, das cales 180.000 persoas (60.000 fogares) corresponden a Xamaica e 270.000 persoas (90.000 fogares) a Cuba (FICR, 2025).
Específico: Prestar primeiros auxilios psicolóxicos, distribuír kits de axuda familiar preposicionados e ofrecer apoio psicosocial en centros de evacuación.
En Jamaica
1. Refuxio de emerxencia e reparación de vivendas destruidas: prioridade para 22.000 fogares gravemente afectados (IFRC, MDRJM005).
2.Acceso a auga potable, hixiene e saneamento: provisión inmediata de auga segura e contenedores para 7.500 fogares (aprox. 22.500 persoas).
3. Distribución de artigos domésticos esenciais: kits de cocina, lonas, mantas, lámparas solares, mosquiteras e colchonetas.
4. Apoio psicosocial e saúde comunitaria: asistencia para 180.000 persoas afectadas, especialmente mulleres, menores e personas maiores.
5. Apoio a medios de vida rurais: recuperación de ferramentas agrícolas e rehabilitación de infraestructuras pesqueiras danadas.
En Cuba
1. Asistencia en refuxio e artigos domésticos básicos: entrega de materiais e kits de emerxencia para 15.000 fogares (unas 60.000 persoas), priorizando zonas rurais do oriente.
2. Auga, saneamento e hixiene (WASH): restauración de fontes seguras de auga e distribución de kits de hixiene familiar e bidóns.
3. Saúde e apoio psicosocial: atención comunitaria a persoas desprazadas e fortalecemento de capacidades locais de primeiros auxilios e atención emocional.
4. Reactivación temprana de medios de vida: apoio a comunidades agrícolas afectadas, con acciones iniciais de recuperación produtiva e capacitación básica.
5. Fortalecemento institucional: reposición de equipos e materiais da Cruz Roja Cubana (CRC) para manter súa capacidade de resposta ante emerxencias.
Directa: 450.000 persoas
50.000 € (2025)