Resposta ás necesidades psicosociais e de saúde mental dos nenos, nenas e as súas familias afectados pola crise sudanesa na provincia de Sila, Chad
O proxecto fai fincapé no coidado alternativo dos nenos e nenas en situación de risco, incluídos menores non acompañados e separados e a súa reunificación familiar; a prestación de servizos de apoio psicosocial, e a capacitación e sensibilización en protección da infancia. Este proxecto baséase no que xa se conseguiu e amplía as intervencións a Sila, onde a continua afluencia de poboación refuxiada e retornada provoca un aumento das necesidades humanitarias nunha provincia cunha cobertura de resposta limitada e gravemente afectada polo cambio climático e a pobreza sistémica.
A guerra e as súas atrocidades, a morte ou desaparición de familiares próximos, o alistamiento de adultos e menores en grupos armados, o desprazamento en condicións difíciles, as agresións físicas e sexuais e a separación familiar, son os principais factores que afectan á saúde mental e ao benestar psicosocial de moitos nenos e nenas que chegan.
Unicef Chad
Xeral: Previr e responder aos riscos de protección da infancia refuxiada, retornada e das comunidades de acollida da provincia de Sila, afectada polo conflito bélico en Sudán
Específico: Fortalecer a resiliencia de nenas, nenos e adolescentes en situación de risco de protección na provincia de Sila, mediante a implementación de servizos comunitarios integrais de saúde mental e apoio psicosocial (SMAPS), facilitando a súa reinserción e reintegración familiar e comunitaria, con especial atención a aqueles/as desprazados/as e en condicións de maior vulnerabilidade debido ao conflito bélico en Sudán
RE 1.1 Aumentadas as capacidades das comunidades, familias e estruturas de protección para mellorar o apoio psicosocial e de saúde mental dirixido ás nenas e nenos afectados por crises e aos seus coidadores e coidadoras.
A.1.1.1. Creación/rehabilitación, equipamento e funcionamento de espazos amigos da infancia, incluídos o terreo de xogo, os espazos abertos e o centro de escoita
A.1.1.2 Creación de clubes de adolescentes para fomentar a construción de paz e formarlles en habilidades para a vida
A.1.1.3. Adquisición e distribución de kits recreativos para a infancia e kits de xogos para os Espazos Amigos da Infancia e os Clubs de Adolescentes.
R1.2: Prestados os coidados alternativos e servizos de protección da infancia aos nenos e nenas non acompañados e separados e a outros nenos e nenas vítimas da violencia, incluída a violencia de xénero.
A.1.2.1. Formación e supervisión na xestión de casos dirixida a traballadores sociais, con especial atención aos traballadores de primeira liña.
A.1.2.2. Servizos de apoio psicosocial e xestión de casos individuais
R 1.3: Reforzados os sistemas locais de protección da infancia e a participación da comunidade na protección da infancia.
A.1.3.1. Establecemento e fortalecemento de mecanismos comunitarios de protección da infancia
A.1.3.2. Mobilización da comunidade (campaña de concienciación, sensibilización cara a cara, promoción, avaliacións comunitarias) para facilitar a reintegración na comunidade e promover os dereitos da infancia.
A.1.3.3. Diálogos comunitarios con líderes
Directa: 1710 (1030 mulleres/nenas, 680 homes/nenos)
Indirecta: 10000 (5000 mulleres/nenas, 5000 homes/nenos)
75.000,00 € (2025)