Proxectos

Saneamento básico integral con enfoque de xénero para a saúde, seguridade e dignidade de mulleres indíxenas Ch’orti’ de Jocotán (Guatemala)

A presente intervención ten como finalidade promover o acceso sostible ao saneamento básico integral con enfoque de xénero e intercultural para 49 familias priorizadas das comunidades indíxenas Ch’orti’ de Encontro Candelero e Pinalito, na Rexión VIII do municipio de Jocotán (Corredor Seco Oriental), Guatemala. A proposta contribúe simultaneamente ao fortalecemento de capacidades comunitarias e municipais, así como á mellora da gobernanza local en materia de auga e saneamento.

A intervención responde a unha situación persistente de exclusión estrutural caracterizada pola inexistencia de infraestruturas adecuadas de saneamento, disposición de excretas ao aire libre, proliferación de vectores transmisores de enfermidades e alta incidencia de infeccións gastrointestinais e dérmicas, afectando de forma desproporcionada a mulleres e nenez. A carencia de espazos seguros e privados para o aseo persoal incrementa ademais a vulnerabilidade e a carga desigual de coidados asumida polas mulleres.

O proxecto busca garantir acceso físico, seguro e culturalmente pertinente a servizos de saneamento básico integral, fortalecendo prácticas de hixiene familiar e promovendo transformacións estruturais na participación das mulleres na xestión comunitaria da auga e o saneamento.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Jocotán (municipio)
Axentes: 
SOLIDARIEDADE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ (SODEPAZ)
Contraparte: 

Asociación para o Mejoramiento Habitacional de Guatemala (MEJORHA)

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
14032 - Saneamento básico
Obxectivos: 

Xeneral: Contribuir ao exercicio efectivo do dereito humano á auga e saneamento con enfoque de xénero e pertinencia cultural, fortalecendo o desenvolvemento rural sostible e a gobernanza local en coherencia co Marco de Asociación País Guatemala.

 

Específico:  Promover o acceso sostible ao saneamento básico integral desde un enfoque de xénero e pertinencia cultural para familias priorizadas lideradas por mulleres indíxenas Ch’orti’, contribuíndo ao fortalecemento de capacidades institucionais locais e á mellora da gobernanza municipal en materia de auga e saneamento na Rexión VIII de Jocotán.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorado o acceso sostible de 49 familias priorizadas das comunidades Encontro Candelero e Pinalito a módulos sanitarios integrais ecolóxicos seguros, hixiénicos e aceptables social e culturalmente (que proporcionen privacidade e que aseguren a dignidade das/vos usuarias/vos) e fortalecidas as súas prácticas de hixiene persoal, familiar e do fogar.

A.1.1.1. Construír con participación comunitaria 49 módulos sanitarios integrais ecolóxicos seguros, hixiénicos e aceptables social e culturalmente nas comunidades Encontro Candelero e Pinalito.

A.1.1.2. Capacitar a representantes (polo menos 50% mulleres) das 49 familias priorizadas sobre a adecuada operación, mantemento e reparación dos seus módulos sanitarios integrais ecolóxicos.

A.1.1.3. Capacitar a integrantes das 49 familias priorizadas (polo menos 50% mulleres) sobre aspectos xerais de hixiene persoal, familiar e do fogar.

A.1.1.4. Brindar asesoría e acompañamento ás 49 familias priorizadas para a aplicación dos novos coñecementos sobre a operación, mantemento e reparación dos seus módulos sanitarios integrais ecolóxicos.

A.1.1.5. Brindar asesoría e acompañamento ás 49 familias priorizadas para a adopción de novos hábitos de hixiene persoal, familiar e do fogar (con enfoque intercultural e de xénero).

RE 2.1. Fortalecidas as capacidades, prácticas e condicións de hixiene, saúde e seguridade de mulleres, adolescentes e nenas das 49 familias priorizadas das comunidades Encontro Candelero e Pinalito, vinculadas o uso digno e seguro dos módulos sanitarios integrais ecolóxicos.

A.2.1.1. Desenvolver un proceso formativo específico para mulleres, adolescentes e nenas de 49 familias sobre prácticas específicas de hixiene e saúde da muller, con enfoque intercultural e de xénero.

A.2.1.2. Elaborar participativamente con mulleres un “Protocolo Familiar de Uso Seguro e Digno do Módulo Sanitario Integral”, que inclúa medidas de privacidade, seguridade nocturna, mantemento preventivo e prevención de riscos sanitarios.

A.2.1.3. Realizar seguimento domiciliario individualizado ás 49 familias para acompañar a adopción efectiva de prácticas de hixiene integral, prevención de infeccións, privacidade, seguridade nocturna e uso seguro e mantemento de módulos sanitarios.

RE 3.1. Fortalecida a gobernanza comunitaria e a articulación institucional municipal na xestión da auga e saneamento básico integral nas comunidades Encontro Candelero e Pinalito, mediante a participación efectiva de mulleres nas Comisións de Auga e a coordinación formal coa Oficina Municipal de Auga e Saneamento e o Centro de Atención Permanente en Saúde.

A.3.1.1. Facilitar un proceso de fortalecemento institucional das Comisións de Auga e Saneamento para revisar e actualizar os seus regulamentos internos incorporando: Cotas mínimas de participación feminina, Medidas específicas de seguridade e saúde, Responsabilidades de mantemento e Protocolos de xestión sostible da auga.

A.3.1.2. Intercambio de experiencias entre Comisións de Auga e Saneamento de Encontro Candelero e Pinalito sobre as mulleres e a xestión comunitaria da auga.

A.3.1.3. Realizar Festival lúdico recreativo de información e sensibilización "Dereitas das Mulleres: Xestión comunitaria da auga e Saneamento e brechas de xénero” en Encontro Candelero e Pinalito.

A.3.1.4. Elaboración participativa de Mural comunitario artístico "Xestión Comunitaria Equitativa da auga e Saneamento" en Encontro Candelero e Pinalito.

A.3.1.5. Asesorar e acompañar a participación efectiva das mulleres nas Comisións de Auga e Saneamento de Encontro Candelero e Pinalito.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 313 persoas (59 homes, 63 mulleres, 94 nenos e 97 nenas)

Indirecta: 381 persoas (73 homes, 77 mulleres, 114 nenos e 117 nenas)

Axudas: 

Xunta de Galicia:  185.000,00 € (64.750,00 € en 2026 e 120.250,00 € en 2027)