Saúde, xénero e refuxio: Garantir a asistencia básica á saúde da poboación refuxiada urbana en Nairobi, con énfase na promoción dos DSR de mulleres e menores de 5 anos
A estratexia proposta fundaméntase nas seguintes liñas estratéxicas: mellora do acceso a servizos de saúde para a poboación refuxiada dos asentamentos informais de Nairobi –a través do fortalecemento de capacidades, asegurando o reabastecemento de recursos das estruturas de saúde para a atención e garantindo o respecto dos DDHH e a pertinencia cultural e de xénero na praxe sanitaria-; incremento da cobertura de asistencia básica en saúde entre a poboación refuxiada fomentando accións de prevención e promoción da saúde –articulando servizos móbiles de asistencia básica en saúde en coordinación coas redes de promotores/as comunitarios/as, reforzando a difusión de mensaxes de promoción da saúde e contribuíndo a mellorar as condicións de habitabilidade e hixiene domiciliar entre a poboación refuxiada en situación de maior vulnerabilidade- e fortalecemento dos mecanismos comunitarios de prevención da Violencia baseada en Xénero (VBG), protección e restitución dos dereitos das vítimas e promoción de identidades de xénero igualitarias e libres de violencia –promovendo accións de sensibilización comunitaria, identificación e referenciar ás mulleres e nenas vítimas de Violencia Sexual (VS) e de VBG e articulando actividades de atención e mediación para a restitución de dereitos.
Foundation for Health and Social Economic Development Africa (HESED - África)
Obxectivo Xeral: Contribuír a mellorar a capacidade de resiliencia da poboación refuxiada en Kenia afectada pola crise do corno de África
Obxectivo Específico: Reducir a vulnerabilidade en saúde da poboación refuxiada urbana en Nairobi, afectada pola prolongación da crise no Corno de África, con énfase na protección e promoción do acceso á saúde de mulleres e menores.
Resultado 1: Brindada asistencia básica en saúde á poboación refuxiada no asentamento informal de Eastliegh South, con énfase na atención a mulleres, menores de 5 anos e enfermos/as crónicos/as.
A.1.1. Realización de dúas (2) dispositivos de asistencia médica móbil no asentamento de Eastliegh South para a atención á poboación refuxiada en situación de maior vulnerabilidade
A.1.2. Distribución de complementos nutricionais entre a poboación refuxiada máis vulnerable do asentamento de Eastliegh South, con énfase en mulleres embarazadas e/ou lactantes e a poboación infantil menor de 5 anos
A.1.3. Distribución de artigos de primeira necesidade (hixiene e protección) entre os núcleos familiares de poboación refuxiada máis vulnerables no asentamento de Eastliegh South.
Resultado 2: Fortalecidos os mecanismos comunitarios de protección e atención integral á saúde das mulleres refuxiadas vítimas da VBG, promovendo o exercicio dos DSR
A.2.1. Realización de 2 xornadas de capacitación a 21 recursos comunitarios sobre atención sanitaria específica á poboación refuxiada, con enfoque de xénero e pertinencia cultural e monitoreo das condicións sanitarias entre as familias refuxiadas
A.2.2. Celebración de 45 xornadas para a promoción dos DSR das mulleres, as relacións libres de violencia e a difusión dos servizos de protección e asistencia ante casos de VBG entre a poboación refuxiada de Eastliegh.
Directa: Unhas 4.900 persoas, das cales, 2.343 son mulleres, 795 homes, 922 nenas e 840 nenos. Que se beneficiarán de: acceso á atención sanitaria provista polos dispositivos móbiles de atención primaria á saúde; mellor nivel nutricional e condicións hixiénicas básicas domiciliares a través da distribución de kits hixiénico-sanitarios, pastillas potabilizadoras de auga e kits nutricionais; fortalecendo os recursos comunitarios a través de capacitacións, sensibilizacións e promoción de relacións e identidades de xénero no violentas.
Indirecta: 48.000 persoas das cales 14.332 mulleres, 13.072 homes, 10.772 nenas e 9.824 nenos (25.104 mulleres e 22.896 homes); potenciais usuarios dos servicios sanitarios que verán mellorada a calidade da atención primaria á saúde dispoñible no asentamento.
Axuda Xunta de Galicia: 49.998,00 €