SEGUNDA ETAPA DE CONSOLIDACIÓN DA IMPORTADORA DE COMERCIO XUSTO DE TALLER DE SOLIDARIDAD
O proxecto leva a cabo a segunda fase de consolidación da importadora de comercio xusto da entidade, que implica principalmente a análise da realidade actual do sector do comercio xusto en Galicia e da importadora para facer unha reorientación da estratexia a seguir na elaboración das 3 campañas de ventas.
O proxecto dá continuidade á figura do xerente da importadora, sendo este un proxecto que vai necesitar dun plan de viabilidade máis longo do previsto nun principio, ideado antes do maior impacto da crise económica que afecta ao contexto económico en xeral e ao comercio xusto en particular.
Continúa con accións de complementariedade con outras organizacións do sector de comercio xusto de Galicia e coa Coordinadora Estatal de Comercio Xusto, a Coordinadora Galega de ONG, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado...
Período de execución: xullo 2010 – xullo 2011
Contribuír ao fortalecemento da ONG Taller de Solidaridad en Galicia.
- Análise da realidade actual do sector do comercio xusto en Galicia e de Taller de Solidaridad e elaboración dunha nova proposta de actuación.
- Ampliación de liñas de produtos e de produtores, traballo cos provedores para o desenvolvemento de modelos de produtos novos e xestións sobre prezos e condicións de venta e envío.
- Elaboración de catálogo de temporada cos novos produtos.
- Xestión de inventario e almacén da importadora.
- Elaboración dos elementos publicitarios e xestión da rede de distribución comercial.
- Xestión de pedidos cos clientes.
20.000€ (2010: 8.000€ - 2011: 12.000€)