Proxectos

Sementando coeducación dende o rural: os coidados como semente para a sustentabilidade da vida. Fase I.

O obxectivo da proposta é contribuír a promover en Galicia unha cidadanía global crítica e comprometida cun modelo de desenvolvemento que poña no centro o coidado das persoas e do planeta baixo unha perspectiva ecofeminista e de acordo co cumprimento da Axenda 2030. Este novo proceso educativo está pensado nun horizonte a tres anos. Esta primeira fase desenvólvese co profesorado e alumnado de tres centros educativos do ámbito rural galego, e incide, como fío condutor de tódalas sesións, na importancia de establecer un diálogo entre culturas, baixo unha mirada local-global, e na necesidade de sensibilizarse e involucrarse nas realidades locais, para aportar á transformación global en rede.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a promover en Galicia unha cidadanía global crítica e comprometida cun modelo de desenvolvemento que poña no centro o coidado das persoas e do planeta baixo unha perspectiva ecofeminista e de acordo co cumprimento da Axenda 2030.

Específico: Promover comunidades educativas con capacidade para actuar de forma crítica e colectiva a favor da paz (ODS 16), a igualdade de xénero (ODS 5) e a sustentabilidade ambiental (ODS 13) baixo un enfoque de coidados, decolonial e interseccional.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Profesorado de 3 centros educativos do ámbito rural e persoal educador do ámbito non formal con coñecementos, habilidades e actitudes reforzadas para incorporar a perspectiva ecofeminista cun enfoque de coidados, decolonial e interseccional na súa práctica educativa, no marco da Axenda 2030.

A.1.1.1 Planificación, coordinación e acompañamento dos procesos formativos dirixidos a educadores/as formais e non formais.

A.1.1.2 Creación e aplicación de ferramentas de valoración previa e posterior de coñecementos e capacidades, para medición de cambios.

A.1.1.3 Deseño, elaboración e realización da formación sobre “Coidados das persoas e do planeta: cara á construción de centros educativos transformadores e comprometidos cos ODS - Fase I. IDENTIFICAR" en modalidade presencial ou mixta dirixida ao profesorado de toda Galicia.

A.1.1.4 Deseño, elaboración e realización da formación sobre "Retos globais dun sistema en crise ecosocial dende o compromiso co cumprimento da Axenda 2030" en modalidade presencial ou mixta dirixida a persoal educador do ámbito non formal.

A.1.1.5 Realización de obradoiros formativos coas asociacións de familiares (ANPAS/AFAS) das 3 comunidades educativas, sobre "A importancia dos coidados, a igualdade de xénero e a sustentabilidade ambiental".

A.1.1.6 Atualización, tradución ao galego e maquetación dunha parte do manual propio de InteRed sobre "Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable con Enfoque de Coidados e Xénero" como material para o traballo con profesorado e educadores e educadoras de espacios non escolares.

RE 1.2 Mocidade galega e alumnado de 3 centros educativos do ámbito rural con coñecementos teóricos e prácticos adquiridos para unha análise crítica da realidade e un papel activo na difusión e mobilización dos ODS, baixo unha perspectiva ecofeminista e cun enfoque de coidados, decolonial e interseccional.

A.1.2.1 Planificación, coordinación e seguimento dos procesos de sensibilización e formación en 3 centros educativos do ámbito rural (Lalín, Trazo e A Baña).

A.1.2.2  Creación e aplicación de ferramentas de valoración previa e posterior de coñecementos e capacidades, para medición de cambios.

A.1.2.3 Realización de sesións formativas co alumnado de 3 centros escolares, a través de metodoloxías innovadoras, sobre cultura de paz, igualdade de xénero e sustentabilidade ambiental, cun enfoque de coidados, decolonial e interseccional, no marco da Axenda 2030.

A.1.2.4 Acompañamento ao profesorado implicado no proceso educativo dirixido ao alumnado, para a incorporación na súas aulas, de accións coeducativas con perspectiva ecofeminista.

A.1.2.5 Presentación e percorrido pola exposición creada por InteRed "TOCA IGUALDADE" polo menos en 3 centros educativos e/ou en lugares chave da contorna para a sensibilización/concienciación sobre: a) coidados; b) diversidades; c) educación afectivo-sexual; d) prevención de violencias machistas.

A.1.2.6 Realización de 1 obradoiro con mocidade en xeral (non vinculada necesariamente a espazos escolares), a través de metodoloxías innovadoras - ARTIVISMO -, sobre ecofeminismo, de acordo ao cumprimento dos ODS, e facendo especial incidencia na importancia da toma de acción e participación para o cambio social.

RE 1.3 Promovido o traballo en rede (local con perspectiva global) entre e dende as comunidades educativas participantes, coa difusión e intercambio de coñecementos, experiencias e prácticas coeducativas transformadoras en torno ao ámbito rural cunha perspectiva ecofeminista.

A.1.3.1 Realización de reunións de coordinación, planificación e organización das actividades conxuntas entre o equipo do proxecto e o resto de actores implicados, incluindo organizacións da sociedade civil.

A.1.3.2 Participación en rede na organización e realización de polo menos 1 encontro de intercambio (con profesorado, mocidade, outros axentes sociais locais, etc.) sobre os temas tratados, con especial incidencia na EpDCG no rural.

A.1.3.3 Charla-coloquio dirixida á cidadanía xeral sobre a labor das defensoras de DDHH e do territorio con mirada local e global.

A.1.3.4 Encontro presencial e/ou virtual entre os 3 centros educativos implicados para compartir aprendizaxes arredor dos temas traballados no proxecto.

A.1.3.5 Creación e implementación dun plan de comunicación e difusión das actividades do proxecto, dirixida á cidadanía en xeral e á mocidade en particular, a través de medios internos e externos.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 633 homes + 954 mulleres + 106 nenos + 216 nenas = 1.909 persoas

Indirecta: 296 homes + 462 mulleres + 634 nenos + 696 nenas = 2.090 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 35.000€ (14.000€ e 2023 e 21.000€ en 2024)