Proxectos

Senda 2030. Xeración Eco-Étika: Construíndo cidadanía global dende as aulas a través da ciencia cidadá e a participación.

É unha proposta de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EpDCG) promovida en agrupación por CIDEL Galicia e a Universidade de Vigo, coa participación do IES Luís Seoane como aliado educativo estratéxico. O proxecto busca mellorar a capacidade da comunidade educativa galega para xerar procesos de acción colectiva ante retos ecosociais desde un enfoque de cidadanía global, articulando investigación e coñecemento, práctica educativa, cooperación e participación.

A intervención parte dun proceso previo de identificación participativa e análise de necesidades,(Anexo Diagnósticos) apoiado na revisión de evidencias, na experiencia acumulada coas comunidades educativas e en diferentes instrumentos e procesos de diagnóstico: enquisa de identificación, proceso de valoración e debate co profesorado, un informe de necesidades elaborado pola Universidade de Vigo e o estudo de ciencia cidadá sobre patróns de consumo, desenvolvido como experiencia previa con participación da comunidade educativa. A análise conxunta destas fontes identifica como problemática central capacidades aínda insuficientes da comunidade educativa para comprender criticamente os retos ecosociais nas súas dimensións locais e globais e construír respostas colectivas desde unha perspectiva de cidadanía global. Entre as principais dificultades destacan a limitada conexión entre a produción de coñecemento sobre os retos da contorna e a súa interpretación crítica desde a EpDCG; as dificultades do

profesorado para incorporar de maneira sistemática esta perspectiva local-global á práctica educativa; e as limitadas oportunidades para que o alumnado participe na deliberación, toma de decisións e posta en práctica de respostas colectivas. SENDA responde así á necesidade de conectar coñecemento, análise crítica, práctica educativa e participación, incorporando os enfoques de dereitos, xénero, diversidade e sustentabilidade.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACIÓN CIDEL GALICIA
UNIVERSIDADE DE VIGO
Código CRS: 
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a construcción dunha cidadanía global crítica, corresponsable e comprometida coa transformación dos retos ecosociais desde a comunidade educativa galega.

Específico: Mellorada a capacidade da comunidade educativa galega para xerar procesos de acción colectiva ante retos ecosociais desde un enfoque de cidadanía global.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecidas as capacidades de alumnado e profesorado participante para analizar criticamente os retos ecosociais a partir de procesos de investigación participativa, desde una perspectiva local- global e de cidadanía global.

A.1.1.1. Obradoiros de cidadanía global e comunicación. Da investigación local á mirada global.

A.1.1.2. Encontro aberto da Rede de Ciencia Cidadá. Ciencia cidadá e EpDCG ante os retos ecosociais.

A.1.1.3. Investigación transversal do proceso de ciencia cidadá desde a EpDCG.

A.1.1.4. Conferencia de Educación para o Desenvolvemento e Ciencia Cidadá

RE 2.1. Fortalecidas as capacidades do profesorado para incorporara EpDCG e a perspectiva local-global a súa práctica educativa.

A.2.1.1. Formación aplicada en EpDCG e análise local-global dos retos ecosociais.

A.2.1.2. Laboratorio docente para o deseño e experimentación de propostas educativas local-global.

A.2.1.3. Campaña “Eco-Étika: Dálle a volta”. Narrativas local- global sobre os retos ecosociais

A.2.1.4. Encontros local-global: aulas en diálogo.

A.2.1.5. Espazo de recursos e experiencias local-global para a EpDCG.

RE 3.1. Desenvolvidas capacidades de participación activa da comunidade educativa na deliberación, toma de decisións e acción colectiva ante os retos ecosociais.

A.3.1.1. Microproxectos Eco-Étika. Pensa. Actúa

A.3.1.2. II Foro de Desenvolvemento Local. O rural ante a transición ecolóxica xusta.

A.3.1.3. V Feira de Sostibilidade: Eco-Étika en acción.

A.3.1.4. Eco-Étika Conecta: rede xuvenil local-global.

A.3.1.5. Comunicación crítica para a transformación social.

A.3.1.6. SENDA Aberta: sistematización participativa e transferencia.

RE 4.1. Visibilizada a importancia do dereito á protección e medidas de prevención fronte a situacións de violencia contra a infancia a nivel global, máis concretamente contra as nenas, entre a cidadanía galega.

A.4.1.1. Deseñar e desenvolver un Plan de Comunicación en Galicia no abeiro do proxecto.

A.4.1.2. Coordinar e levar a cabo a lo menos 32 sesións para a realización dunha curta documental co alumnado universitario participante dun dos proxectos ApS para a defensa da violencia contra a infancia con enfoque local -global.

A.4.1.3. Presentar unha curta documental sobre a protección da violencia contra a infancia e o fomento do bo trato contra as nenas a nivel global.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 645 persoas (27 homes, 33 mulleres, 175 nenos e 410 nenas).

Indirecta: 3.500 persoas (700 homes, 700 mulleres, 1.050 nenos e 1.050 nenas)

Axudas: 

Xunta de Galicia: 47.000 € (18.800 € en 2026 e 28.200 € en 2027)