Proxectos

SENSIBILIZACIÓN DA POBOACIÓN GALEGA SOBRE A REALIDADE DOS PAÍSES NON DESENVOLVIDOS

Contribuír á concienciación da sociedde galega en materia de solidariedade e cooperación coas sociedades empobrecidas do Sur para propiciar o seu desenvolvemento

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INSTITUTO GALEGO DE XESTIÓN PARA O TERCEIRO SECTOR - IGAXES3
Obxectivos: 

Achegar á sociedade galega a realidade dos países do Sur e implicala nos procesos de loita contra a pobreza e as súas causas mediante a difusión de proxectos que axentes da cooperación galega están a realizar en Mozambique

Resultados e actividades: 

- Identificación de proxectos en zonas xeográficas para a produción
- Elaboración de dossieres preparatorios da viaxe a Mozambique
- Desprazamento aos proxectos en Mozambique
- Gravación dos proxectos
- Elaboración dunha reportaxe xeral sobre a cooperación galega en Mozambique
- Elaboración dunha peza por proxecto
- Xestión para a emisión dos materiais audiovisuais na Televisión Galega e demais canles locais
- Elaboración dun dossier de prensa sobre a cooperación galega en Mozambique
- Cesión dos dereitos sobre as gravacións para a súa difusión a través das ONGD implicadas nos proxectos do material gráfico obtido na visita aos mesmos

Poboación beneficiaria: 

Directa: As persoas que vexan os documentais e demais materiais difundidos
Indirecta: A poboación destinataria deste proxecto é a sociedade galega no seu conxunto

Axudas: 

73579,59