SENSIBILIZACIÓN E FORTALECEMENTO DE CAPACIDADES DAS MULLERES DO RURAL GALEGO E ESTABLECEMENTO DE ALIANZAS NORTE/SUR PARA PROMOVER A LOITA POLA IGUALDADE DE XÉNERO.
OBXECTIVOS
Formar e sensibilizar sobre as causas da feminización da pobreza, a desigualdade de xénero e o papel das mulleres no desenvolvemento en distintos contextos xeográficos do Norte e do Sur
Formación, en coordinación con asociacións de mulleres de Nicaragua, para unha representación de mulleres do rural galego que despois actuarán como axentes multiplicadores nas súas comarcas, nas causas que orixinan a desigualdade de xénero e no papel das mulleres no desenvolvemento das súas comunidades, identificando problemáticas e solucións comúns
Establecer alianzas Norte Sur entre organizacións de mulleres, sendo Axuda en Acción mero vehículo facilitador, fortalecendo as capacidades de organización, coordinación e incidencia de organizacións de mulleres do Norte e do Sur Sensibilizar sobre a desigualdade de xénero no rural galego, xerando unha conciencia social favorable
Obradoiros de formación para as mulleres do rural galego sobre a situación das mulleres do sur
- Reunións de traballo coas mulleres do rural galego para difundir os coñecementos adquiridos durante os obradoiros de formación
- Reunións de traballo das mulleres do rural galego coas mulleres do sur para a concreción de problemáticas e solucións comúns
- Intercambios de información sobre o traballo que realizan tanto as mulleres do sur para a concreción de problemáticas e solucións comúns
- Exposición fotográfica e de testemuñas
- Charlas/entrevistas informativas
Directa: A Federación de Mulleres Rurais de Ourense integradas por 60 asociacións, aproximadamente unhas 6000 mulleres forman parte do colectivo. A formación diríxese directamente á capacitación de mulleres do rural galego en perspectiva de xénero, desigualdade, situación real que viven as mulleres do Sur, movemento asociativo, etc.
Indirecta: Dun xeito indirecto e cun efecto multiplicador, esta formación ampliarase a estudantes, membros de organizacións civís e participantes interesados que se acheguen ós diferentes actos que con posterioridade sexan organizados , tendo un efecto multiplicador da formación recibida inicialmente.
16.250.00 €