Sensibilizar e formar, en materia de Cooperación ao Desenvolvemento, a un centenar de poboación moza do rural galego en base á soberanía alimentaria e aos principios do comercio xusto
Este consorcio, nacido da experiencia e da coincidencia en obxectivos das catro asociacións participantes, pretende sensibilizar á sociedade galega, especialmente no ámbito rural, en dous eidos que consideran fundamentais: a cooperación ao desenvolvemento e o comercio xusto e responsable (e, por ende, a soberanía alimentaria).
Partindo da situación de crise económica que estamos a atravesar, as organizacións participantes cren nun proxecto que faga sensibilización en cooperación pero de xeito distinto a como se viña facendo nos últimos tempos. Para iso, centrarán os seus esforzos en sensibilizar á mocidade galega que vive no rural e darlle pulo ás actividades agrícolas e gandeiras que desempeñan baseándonos nos éxitos acadados nos países do Sur en materia de soberanía alimentaria, comercio xusto e desenvolvemento sostible.
Estamos nun momento óptimo para fomentar a recuperación das tradicións labregas, de elaboración de produtos de alta calidade e de concienciación social sobre o feito de que no campo galego hai oportunidades e só hai que saber aproveitarse delas. Polo tanto, o proxecto pretende coordinar unha serie de intervencións (obradoiros) de sensibilización e formación na temática mencionada, dirixidas á sociedade rural galega, que non adoita ser receptora de programas de sensibilización deste tipo, contando coa participación directa dos beneficiarios de programas de cooperación ao desenvolvemento levados a cabo nos pasados anos.
Destas actividades de formación xurdirá unha base sólida de contactos para a creación dunha rede de consumo responsable no rural galego que dará continuidade ao presente proxecto, unha vez rematado.
Obxectivo Xeral: Sensibilizada a mocidade rural galega en materia de consumo responsable, soberanía alimentaria e comercio xusto.
Obxectivo Específico: Aumentados e mellorados os coñecementos en comercio xusto, consumo responsable e soberanía alimentaria de 100 mozos e mozas de entre 20 e 40 anos vinculados ao rural galego de acordo ás experiencias previas de cooperación ao desenvolvemento.
Resultado 1.1.: Identificados e seleccionados sete concellos nos que se desenvolverán as sesións de sensibilización e formación.
Actividades:
A.1.1.: Contratar a un/ha Técnico/a en Cooperación.
A.1.2.: Reunión entre as entidades do consorcio e a persoa técnica.
A.1.3.: Segunda reunión de avaliación da marcha do proxecto.
A.1.4.: Terceira reunión na que se pechará a lista de contactos.
Resultado 1.2.: Elaborados os materiais didácticos de apoio para as sesións de formación.
Actividades:
A.1.2.1.: Contratar a un axente de desenvolvemento rural.
A.1.2.2.: Constitución do Comité Xestión Rural.
A.1.2.3.: Reunión avaliativa do material didáctico.
A.1.2.4.: Edición do material didáctico.
Resultado 1.3.: Realizadas as sesións de formación a 100 mozos e mozas vinculados ao rural galego.
Actividades:
A.1.3.1.: Elección dos poñentes (produtores do Sur e Norte) das sesións formativas.
A.1.3.2.: Xestión da viaxe do produtor do Sur.
A.1.3.3.: Visita ás explotacións gandeiras, agrícolas e peixeiras do país.
A.1.3.4.: Capacitación do Comité de Xestión Rural.
A.1.3.5.: Realización dos obradoiros de sensibilización.
Directa: 100 mozos e mozas do rural galego de entre 20 e 40 anos con especial vinculación aos sectores primarios da economía galega, así como 50 persoas pertencentes a distintas organizacións de antigos proxectos coas que se creará unha rede de contactos.
Indirecta: Grupos de produtores e produtoras locais de Galicia.
34.725,00 ( 2012: 12.153,75; 2013: 22.571,25)