Proxectos

SERVIZOS EDUCATIVOS EN REDE

Contribuir ao desenvolvemento  humano da poboación nicaragüense de escasos recursos. Ampliar o seu acceso á educación e fortalecer a participación social a fin de mellorar os niveis educativos nos departamentos de Chontales, Carazo, Granada, Masaya e Managua

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Managua (departamento)
Granada (departamento)
Chontales (departamento)
Carazo (departamento)
Masaya (departamento)
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

INSTITUTO DE ACCIÓN SOCIAL JUAN XXIII - UCA

Código CRS: 
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
Obxectivos: 

Como obxectivo específico preténdese mellorar a calidade, acceso e proxección social dos servizos educativos brindados por 11 centros integrados nunha Rede de Educadoras para o fomento e xestión da educación dos concellos de Jinotepe, Diriamba, Masaya, Diriá, Ciudad Sandino, Managua, Juigalpa, El Ayote e El Coral 

Resultados e actividades: 

- Establecemento de 247 complexos básicos de material didáctico para docentes (1 por cada docente) e 54 complexos de material de aprendizaxe para as escolas (1 por cada escola)
- Realización de 3 talleres de capacitación para 22 responsables dos 11 centros educativos, sobre administración do fondo social de educación e materiais educativos
- Multiplicación do taller pedagógico a 207 docentes en 22 talleres sobre estrategias de ensinanza-aprendizaxe (2 talleres de dous días por cada un dos 11 centros)
- Realización de 1 taller intensivo (4 días) sobre xestión educativa a 48 promotoras e promotores educativos dos Centros
- Multiplicación do taller sobre xestión educativa mediante 22 talleres a 220 membros dos Consellos Escolares das 54 escolas (2 talleres de dous días por cada Centro). Realización de duas sesións de formación para 33 membros das comisións de nais e pais de escolares de cada Centro
- Organización de 54 campañas de integración das persoas adultas aos programas de alfabetización (unha por escola)

Poboación beneficiaria: 

Directa: 6.731 nenas e nenos de Primaria Formal de 54 escolas pertencentes aos 11 centros da RED. 247 Docentes das escolas pertencentes aos 11 centros educativos da Red. 216 nais e pais de escolares. 22 Coordinadoras e coordinadores e representantes de 11 centros educativos
Indirecta: 33.655 habitantes das 54 comunidades de intervención do proxecto.
4.343 Familias de escolares de 54 escolas que pertenzan á Red

Axudas: 

98372