Proxectos

A SOCIEDADE GALEGA COÑECE A SITUACIÓN ACTUAL DO ACCESO A MEDICAMENTOS ESENCIAIS NOS PVD, AS CAUSAS DA DEVANDITA SITUACIÓN E O PAPEL DOS ACTORES IMPLICADOS, E ADEMAIS TOMA CONCIENCIA DA PROBLEMÁTICA

Este proxecto busca trasladar á poboación galega a problemática e a desigualdade existente no acceso a medicamentos esenciais, que se sostén nunha tremenda desigualdade da que se pretende facer partícipe á sociedade galega, tratando de xerar conciencia crítica e favorecendo a mobilización social, fomentando o desenvolvemento de valores e actitudes persoais e colectivos e construíndo un coñecemento crítico da realidade e incidencia dirixido a diferentes sectores de Galicia, fundamentalmente aqueles onde o ámbito de influencia é maior: universitarias/os, estudantes de formación profesional, colexios profesionais sanitarios, medios de comunicación, administracións públicas e poboación en xeral. Con este fin, vaise traballar cun triplo compoñente: difusión, debate e reflexión, e propostas.
A campaña actúa entendendo que ter coñecementos amplos sobre o funcionamento da desigualdade que orixina o acceso a medicamentos esenciais supón un bo exemplo sobre a repercusión do acceso á saúde como xerador de pobreza ou riqueza segundo sexa este acceso.
Período de execución: setembro 2010 – novembro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

A sociedade galega coñece o problema da falta de acceso a medicamentos esenciais e a súa capacidade de acción para mellorar devandita situación

Resultados e actividades: 

- Elaboración e proxección dun documental de produción propia de Farmamundi.
- Produción de materiais informativos: póster - cartel científico e cadernos explicando a temática do acceso a medicamentos esenciais.
- Xira de teatro por parte do Colectivo de Mulleres de Matagalpa

Poboación beneficiaria: 

- Profesionais sanitarios.
- ONGD de desenvolvemento de Galicia.
- Estudantes e profesorado universitarios de Galicia.
- Estudantes e profesorado de formación profesional de rama sanitaria de Galicia.
- Medios de comunicación galegos.
- Administracións públicas: concellos, deputacións, técnicos administración autonómica.
- Poboación en xeral

Axudas: 

22.549,92€ (2010: 9.019,97€ - 2011: 13.529,95€)