Suma con implicadas: tempo+coñecemento+fondos
O proxecto de Implicad@s no Desenvolvemento enmárcase na mellora da xestión da organización e a dinamización de fontes de financiamento da organización con vistas a unha efectividade sustentable no tempo, xa que boa parte das accións que se establecen supoñen a introdución de cambios estruturais no modo de facer as cousas na organización na procura dunha maior calidade e axilidade. Neste senso, este proxecto representa un avance importante na senda de fortalecemento iniciada por IMPLICADAS nestes últimos anos. En concreto, a realización deste proxecto permitirá consolidar a estrutura e operativa de IMPLICADAS en termos de eficiencia e calidade dunha maneira que poida ser estable, e mesmo crecer grazas as novas incorporacións de socias e activistas e o proceso de formación, preparándose para eventos externos non desexables que poidan derivarse da situación de crise. Deste xeito, a organización conseguirá estar en mellores condicións para apuntalar e aumentar a actividade que vén realizando a favor do desenvolvemento nos países do Sur, así como da promoción da conciencia/participación solidaria na sociedade galega.
Obxectivo xeral: Acadar a autoxestión e independencia total da entidade no longo prazo
Obxectivo específico: Acadar unha estrutura organizativa e económica estable que manteña a identidade de Implicadas
Resultado 1.1. Coñecemento e apropiación das metodoloxías de traballo propias de implicadas por parte das activistas e cidadanía galega en xeral. Suma: coñecemento.
Actividades
A1.1.1: Elaboración do guión da sección da APP SUMA: coñecemento. Preguntas do xogo e sabías que?.
A1.1.2: Desenvolvemento da sección da APP Suma: Suma Coñecemento.
A1.1.3: Elaboración da campaña de difusión en medios e lanzamento da campaña. (Actividade común a tódolos resultados do proxecto).
A1.1.4: Elaboración de materias promocionais. Dípticos informativos e de asociación, bolsas logo da campaña.
A1.1.5: Xornada de formación e apropiación sobre as metodoloxías e principios de traballo de Implicadas.
Resultado 1.2. Fortalecemento da area de activismo coa incorporación de novas persoa e aumentada a permanencia da mesa na entidade.
Actividades
A1.2.1: Elaboración do guión da sección da APP SUMA: tempo.
A1.2.2: Elaboración do guión, gravación e edición do material audiovisual en Galicia- India.
A1.2.3: Desenvolvemento da sección da APP que permita visibilizar o traballo das activistas. (Actividade común a toda o proxecto).
A1.2.4: Elaboración da campaña de difusión en medios e lanzamento da campaña. (Actividade común a tódolos resultados do proxecto).
Resultado 1.3. Fortalecida a sostibilidade económica da entidade. Suma fondos.
Actividades
A1.3.1: Elaboración do guión, gravación e edición do material audiovisual en India.
A1.3.2: Desenvolvemento da sección da APP que permita visibilizar o destino dos fondos da nosa base asociativa.
A1.3.3: Elaboración da campaña de difusión en medios e lanzamento da campaña. (Actividade común a tódolos resultados do proxecto).
24.997,00 €; 9.998,80 € (2015) e 14.998,20 € (2016)