Proxectos

Tecendo conciencias a través do consumo responsable e o Comercio Xusto no mundo do deporte galego

O proxecto busca crear conciencia na cidadanía galega das cidades de: Lugo, Ourense e Pontevedra, sobre o impacto que teñen os nosos hábitos de consumo sobre as persoas que producen o que compramos e consumimos, ligado a un acto san e cotidiano como é a práctica de deporte. Preténdese contribuír ao desenvolvemento dunha economía social e solidaria, rexida polos valores da cooperación, democracia, cidadanía global, igualdade, solidariedade e medio ambiente, onde as relacións comerciais apóianse nos principios e valores do Comercio Xusto e dunha economía global e solidaria, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS).

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír ao desenvolvemento dunha economía social e solidaria, rexida polos valores da cooperación, democracia, cidadanía global, igualdade, solidariedade e medio ambiente, onde as relacións comerciais apóianse nos principios e valores do Comercio Xusto e dunha economía global e solidaria, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS).

Obxectivo específico: Sensibilizar á poboación galega do impacto que os nosos hábitos de consumo teñen sobre as persoas que producen o que compramos e consumimos e ofrecer alternativas de comercio xusto, ligadas a un acto san e cotiá como o deporte..

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: 1.650 Alumnos e alumnas de 12 a 15 años de 10 Centros Educativos participan en actividades lúdicas e deportivas sobre os valores do Comercio Xusto e o consumo responsable, fora e dentro do horario lectivo dos centros, desde un enfoque inclusivo e igualitario.

A1.1.1: Reunións cos equipos directivos dos 10  Centros Educativos para a presentación e coordinación das actividades do proxecto.

A1.1.2: Elaboración da Programación anual de actividades do proxecto para cada Centro Educativo.

A1.1.3: Realización das actividades deportivas nos Centros Educativos (partidos, gymkana + coloquio posterior)

A1.1.4: Realización de actividades educativas e de sensibilización dentro do horario lectivo para traballar os valores do proxecto.

A1.1.5: Adaptación do conto “El Chándal” a formato contacontos e/ou dramatización.

A1.1.6: Realización dun vídeo conxunto entre o alumnado participante onde se reflicta o antes e o despois do proxecto.

Resultado 1.2: As persoas usuarias das Escolas Deportivas Municipais (EDMs) sensibilízanse e toman conciencia sobre como os valores do deporte poden verse transgredidos polo uso de accesorios e indumentaria deportiva fabricada en condicións indignas, de vulneración de dereitos humanos, de desigualdade de xénero e negativas para o medio ambiente, e coñecen alternativas de consumo.

A1.2.1: Reunións de coordinación e preparación coas EDMs

A1.2.2: Deseño e montaxe da exposición..

A1.2.3: : Participación cunha caseta informativa en xornadas de ligas deportivas

A1.2.4: Desenvolvemento de obradoiros con nenos e nenas de 12 a 15 anos de clubs deportivos que utilicen as instalacións das EDMs..

A1.2.5: Firma do manifesto de apoio ao Comercio Xusto no Deporte.

A1.2.6: Inauguración da exposición cunha xornada sobre Comercio Xusto, consumo responsable, equidade de xénero e deporte, coa incorporación dunha obra de teatro levada a cabo pola Compañía Chucrut teatro.

A1.2.7: Vídeo cos usuarios/as das EDMs onde pode verse a evolución do proxecto.

Resultado 1.3. Iniciado un proceso de Incidencia pública sobre Comercio Xusto, consumo responsable e deporte, dirixido a institucións públicas e privadas e á poboación galega por medio da difusión do proxecto en medios de comunicación locais, redes sociais e a celebración de 3 Foros Públicos por cada cidade de intervención do proxecto

A1.3.1: Deseño da campaña de comunicación do proxecto.

A1.3.2: Elaboración e difusión de notas de prensa..

A1.3.3: Xestión de redes sociais do proxecto.

A1.3.4: Difusión dos vídeos elaborados no proxecto.

A1.3.5: Creación dunha microsite do proxecto.

A1.3.6: Organización do Foro sobre Comercio Xusto, consumo responsable, equidade de xénero e Deporte na cidade de Lugo.

Resultado 1.4. Avaliado o coñecemento dos e das participantes do proxecto en relación aos ODS vinculados ao consumo responsable, Comercio Xusto e á igualdade de xénero no Deporte.

A1.4.1: Contratación do equipo para a realización do Estudo Sociolóxico sobre o impacto do proxecto e a súa relación cos ODS.

A1.4.2: Elaboración do Estudo Social con Liña de Base do proxecto.

A1.4.3: Levantamento da información.

A1.4.4: Elaboración de informe.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Participarán unhas 3.470 persoas, unhas 1.818 mulleres e uns 1.652 homes; dos cales, 848 son nenas e 802 nenos. Estas cantidades están conformadas por nenas/os de 12 a 15 anos,  de 10 Centros Educativos: 3 en Lugo, 4 en Ourense e 3 en Vigo. Ademais, as persoas que son usuarias das Escolas Deportivas Municipais (EDM), de idades comprendidas entre os 20 e os 69 anos.

Indirecta: De maneira indirecta, coas diferentes actividades chégase a unhas 24.000 persoas; das cales  9.000 son mulleres e 8.000 homes, e 4.000 nenas e 3.000 nenos.

Axudas: 

34.805,00 €; 13.922,00 € (2017) e 20.883,00 € (2018)