Proxectos

Tecnoloxía ao Servizo do Ben Común, da Cidadanía Global e da inclusión nas escolas Téc Fase2.

Este proxecto promove a creación dunha cidadanía crítica, facendo especial énfase no uso da tecnoloxía para o desenvolvemento humano e o ben común. O concepto parte de cuestionar o uso histórico da tecnoloxía e apostar por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita lograr a equidade e a xustiza social cun enfoque de ben común. O eixo de traballo do proxecto é a promoción da tecnoloxía para o ben común na docencia, investigación e activismo da comunidade educativa universitaria galega de base tecnolóxica. As dúas grandes liñas de traballo segundo o grupo de persoas da comunidade universitaria destinatarias ou protagonistas son liña alumnado e a liña PDI/PAS. Cabe finalmente mencionar o enfoque de xénero que se busca incluír no proxecto, o cal nun eido como o tecnocientífico ten unha importancia (e dificultade) especial.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a que a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común e dos dereitos humanos permita mellorar o desempeño da universidade como axente de transformación social.

Específico: Fortalecida a visibilidade e a actividade en educación e investigación no eido da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos cun enfoque de cidadanía global na universidade pública galega apoiándose no grupo Artigo9Tech.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mellorada a participación do alumnado en accións promovidas dende o entorno académico universitario vinculadas á tecnoloxía para o ben común, os servizos básicos inclusivos e os dereitos humanos.

A.1.1.1 Faladoiros temáticos sobre tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das universidades galegas.

A.1.1.2 Apoio ao Premio de Enxeñería Solidaria.

A.1.1.3  Programa “Abrindo as fiestras da Escola”.

A.1.1.4 Programa de Coñecemento da Realidade de Enxeñería Sen Fronteiras (PCR).

A.1.1.5 Desenvolvemento do Curso en Liña Tecnoloxías Apropiadas.

RE 1.2 Aumenta o PDI e PAS que colabora en accións dende o entorno académico universitario vinculadas á tecnoloxía para o ben común, os servizos básicos inclusivos e os dereitos humanos.

A.1.2.1 Encontros con profesorado en xornadas “Tecnoloxía para o ben común dende a universidade.

A.1.2.2  Programa “Fora do despacho!” de promoción e difusión á sociedade civil da tecnociencia para o ben común liderado por PDI.

A.1.2.3 Charlas en secundaria sobre mulleres e tecnoloxía para o ben común.

A. 1.2.4 Programa de impulso á investigación universitaria en tecnoloxías para o ben común.

A.1.2.5 Deseño do Mestrado interuniversitario de “Tecnoloxía para a innovación social e a sustentabilidade”.

A.1.2.6 A6R2.  Actualización do catálogo de PDI técnico con accións vinculadas á ODS.

A.1.2.7 Accións de incidencia institucional nas universidades.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 201 homes + 212 mulleres =  413 persoas

Indirecta: 970 homes + 1.000 mulleres = 1.970 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 45.000€ (18.000€ en 2023 e 27.000€ en 2024)