Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega
Con este proxecto quérese impulsar o concepto de tecnoloxía para o ben común na docencia, investigación e activismo da comunidade educativa universitaria galega de base tecnolóxica.
Para conseguir este obxectivo, o proxecto presentado apoiará e apoiarase na rede creada en 2019 de profesorado técnico universitario Artigo9Tech. Haberá dúas grandes liñas de traballo segundo o grupo de persoas da comunidade universitaria destinatarias ou protagonistas:
- Liña alumnado, polo interese de ESF en promover un alumnado crítico e mobilizado, que poida participar máis aló das accións académicas formais e se involucre dende a súa época universitaria na transformación social, xa sexa a través de ESF ou doutras organizacións, pero sempre cun enfoque de voluntariado transformador.
- Liña PDI/PAS, tanto pola súa acción institucional para incluír nas prácticas da universidade ese enfoque de cidadanía global, como pola compoñente investigadora que desenvolven o PDI, como tamén por ser multiplicadoras cara o alumnado de coñecementos, habilidades e actitudes que poden fortalecer e poñer o foco nos dereitos humanos e o ben común.
Xeral: Contribuír a que a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común e dos dereitos humanos permita mellorar o desempeño da universidade como axente de transformación social.
Específico: Fortalecida a visibilidade e a actividade en educación e investigación no eido da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos cun enfoque de cidadanía global na universidade pública galega apoiándose no grupo Artigo9Tech.
RE 1.1. Mellorada a participación do alumnado en accións promovidas dende o entorno académico universitario vinculadas á tecnoloxía para o ben común, os servizos básicos inclusivos e os dereitos humanos.
A.1.1.1. Faladoiros temáticos sobre tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das universidades galegas.
A.1.1.2. Apoio ao Premio de Enxeñería Solidaria.
A.1.1.3. Programa “Fora da aula!-Universidade”
A.1.1.4. Programa de Coñecemento da Realidade de Enxeñería Sen Fronteiras (PCR).
RE 1.2. Aumenta o PDI e PAS que colabora en accións dende o entorno académico universitario vinculadas á tecnoloxía para o ben común, os servizos básicos inclusivos e os dereitos humanos.
A.1.2.1. Encontros con profesorado en xornadas Tecnoloxía para o ben común dende a universidade.
A.1.2.2. Programa “Fora do despacho!” de promoción e difusión á sociedade civil da tecnociencia para o ben común liderado por PDI.
A.1.2.3. Charlas en secundaria sobre mulleres e tecnoloxía para o ben común.
A.1.2.4. Programa de impulso á investigación universitaria en tecnoloxías para o ben común.
A.1.2.5. Estudo de viabilidade para creación dun Mestrado interuniversitario de “Tecnoloxía para a innovación social e a sustentabilidade”.
A.1.2.6. Actualización do catálogo de PDI técnico con accións vinculadas a ODS.
Directa: 250 persoas beneficiarias de maneira directa das cales 115 son homes e 135 son mulleres.
Indirecta: 1.550 persoas das cales 775 son homes e 775 son mulleres.
Axuda Xunta de Galicia: 45.000,00 € (2021: 18.000,00 € ; 2022: 27.000,00 €)