Proxectos

Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega. Fase 3

Con este proxecto quérese continuar o traballo no Programa Tecnoloxía Sen Fronteiras de promoción e visibilización da tecnoloxía para o ben común nas universidades públicas galegas. Ademais de promover a investigación e activismo da comunidade educativa universitaria galega de base tecnolóxica.

Continúase a liña de promover un estudantado crítico e mobilizado, que poida participar máis aló das accións académicas formais e se involucre dende a súa época universitaria na transformación social cun enfoque de voluntariado transformador. Tamén o traballo con PDI/PAS, impulsándose encontros para fortalecer a rede Artigo9Tech e exemplos de visibilización e comunicación de enfoques didácticos e investigadores participativos co programa “Fóra do despacho!”

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
UNIVERSIDADE DE VIGO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a poñer a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común e dos dereitos humanos globais na universidade publica galega

Específico: Fortalecida a visibilidade e a actividade en educación e investigación no eido da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos cun enfoque de cidadanía global na universidade pública galega apoiándose na rede Artigo9Tech

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Aumentado o número de PDI e PAS sensibilizado que colabora en accións dende o entorno académico universitario vinculadas á tecnoloxía para o ben común, os servizos básicos inclusivos e os dereitos humanos globais

            A.1.1.1 Encontros con profesorado en xornadas “Tecnoloxía para o ben común dende a universidade

            A.1.1.2 Programa “Fora do despacho!” de promoción e difusión á sociedade civil da tecnociencia para o ben común liderado por PDI

            A.1.1.3 Formacións a PDI-PAS en tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos

            A.1.1.4 Programa de impulso á investigación universitaria en tecnoloxías para o ben común

            A.1.1.5 Campaña de comunicación para dar a coñecer Artigo9Tech (dentro e fora das universidades)

            A.1.1.6 Actualización do catálogo de PDI técnico con accións vinculadas á cooperación, cidadanía global e ODS.

            A.1.1.7 Accións de incidencia institucional nas universidades

RE 1.2 Aumentada a participación do alumnado en accións promovidas dende o entorno académico universitario vinculadas á tecnoloxía para o ben común, os servizos básicos inclusivos e os dereitos humanos 

            A.1.2.1 Faladoiros temáticos sobre tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das universidades galegas

            A.1.2.2 Campaña de impulso a grupo de voluntariado universitario co modelo de “concurso de ideas e bolsa de dinamización”

            A.1.2.3 Programa “Abrindo as fiestras da Escola”

            A.1.2.4 Programa de Coñecemento da Realidade de Enxeñería Sen Fronteiras (PCR)

            A.1.2.5 Deseño de 2 cursos de tipo microcredenciais e pilotaxe dun deles 

            A.1.2.6 Apoio ao Premio de Enxeñería Solidaria

Poboación beneficiaria: 

Directa: 654 (327 mulleres/nenas, 327 homes/nenos)

Indirecta: 3420 (1610 mulleres/nenas, 1810 homes/nenos)

 

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

47.000 € (18.800 € en 2025 e 28.200 € en 2026)