Tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais tecnolóxicos de Galicia, fase 2 (ESFpro 2)
A consideración das empresas como axente clave na transformación do modelo produtivo e social cara unha economía máis centrada nas persoas non é algo recente. Pero si o é o tratar dalgún xeito de, no tecido profesional existente, impulsar boas prácticas para acadar ese cambio de paradigma en empresas que xa están funcionando, ademais de proporcionar a profesionais (neste caso da enxeñería e a tecnoloxía) elementos para levar a súa vida profesional boas prácticas cunha perspectiva de cidadanía global e os dereitos humanos.
Tal vez nestes ámbitos da enxeñería e a tecnoloxía haxa profesionais que coñezan e teñan interese en incorporar esas boas prácticas, e mesmo poden estar algo familiarizadas con elas, pero non sen contar con coñecementos ou espazos para romper esa barreira de levar os valores da vida privada á profesional (isto vén quedando de manifesto dende hai anos nos debates que sobre o tema hai coa base social de ESF, gran parte dela traballadora do eido profesional tecnolóxico, da enxeñería e dos servizos básicos, mesmo con empresas propias).
Para ir introducindo elementos de cambio nas prácticas profesionais de xeito xeneralizado, é necesario tanto identificar prácticas alternativas como explorar os xeitos de adaptalas ao desempeño do día a día das persoas e entidades, vendo se é posible esa adaptación e que criterios deben cumprir as entidades como mínimo para realizar o traballo con elas.
Nesta segunda fase, unha vez temos xa traxectoria e contactos, e vista a boa acollida que houbo, podemos irnos focalizando cara modelos e prácticas desexables en entidades que sexan motor de cambio social e teñan o papel que lles corresponde nun sistema onde as persoas estean no centro, o cal no eido tecnolóxico e da enxeñería tradicionalmente custou máis por ese mito de que a tecnoloxía é neutral. Queremos agora impulsar o que xa saía na avaliación externa da fase 1, que é un grupo de traballo multi-actor, que da posibilidade de crear axentes multiplicadores para a partir de aí permease entidades menos aliñadas.
Xeral: Contribuír a que a tecnoloxía ao servizo do ben común, os dereitos humanos e a cidadanía global permita mellorar o desempeño dende os sectores profesionais como parte da solución aos desafíos da desigualdade e insustentabilidade.
Específico: Aumentada a implicación coa tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos no sector profesional tecnolóxico de Galicia.
RE 1.1. Entidades profesionais (empresas, economía social e solidaria, sindicatos, colexios profesionais, organizacións empresariais e AAPP) aumentan o coñecemento sobre tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos globais e como aplicala no seu día a día.
A.1.1.1. Xeneración de recursos didácticos e de apoio.
A.1.1.2. Impulso de rede de traballo con entidades profesionais.
A.1.1.3. Escola de Tecnoloxía Para o Ben Común en entidades.
A.1.1.4. Campaña Concellos que reparan o mundo, de promoción dos Bancos de Reciclaxe Electrónica Municipal e dos Puntos Limpos de Reparación Municipal.
A.1.1.5. II Concurso “Iniciativas de tecnoloxía para o ben común no eido profesional”.
A.1.1.6. Mapeo de Iniciativas para o Cambio Ecosocial en Galicia (MICELIO).
RE 2.1. Involucradas profesionais tecnolóxicas como axentes transformadores a través da tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos.
A.2.1.1. Campaña de difusión “Espazos colectivos para desenvolver iniciativas de Tecnoloxía para o Ben Común. Únete a ESF”.
A.2.1.2. Fortalecemento de Rede de Profesionais pola Tecnoloxía para o Ben Común.
A.2.1.3. 2 experiencias de voluntariado internacional en cooperación para profesionais tecnolóxicos.
A.2.1.4. Escola de Tecnoloxía Para o Ben Común e cambio 2026 Formulario de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global 30 ecosocial para profesionais.
A.2.1.5. Espazos de acción en Tecnoloxías para o Ben Común.
A.2.1.6. Realización dun estudo colaborativo con persoas voluntarias de empresas ou entidades da economía social que involucren algún tema de tecnoloxía para o ben común.
Directa: 507 persoas (250 homes e 257 mulleres)
Indirecta: 2.460 persoas (1.000 homes e 1.460 mulleres)
Xunta de Galicia: 37.000,00 € (14.800,00 € en 2026 e 22.200,00 € en 2027)