Proxectos
TERREMOTO EN SUMATRA
Un terremoto de magnitude 7,6 na escala Richter con epicentro a 50 quilómetros ao noroeste de Padang, capital de Sumatra Occidental deixou máis de 1.100 persoas falecidas (fontes de Nacións Unidas), miles de desaparecidos e as infraestruturas seriamente danadas como hospitais e estradas de acceso. A FAHG responde á solicitude da AECID e participa para financiar parte da carga enviada pola AECID consistente en potabilizadoras, paquetes hixiénicos, xunto cun continxente de 40 persoas, un equipo médico de especialistas en atención de urxencias e dous equipos de persoal para tarefas de salvamento, distribución e saneamento.
Ano:
2009
Instrumento de financiamento:
Convenios Axuda Emerxencia
Rexión:
Asia
País:
INDONESIA
Axentes:
AECID - AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL AO DESENVOLVEMENTO
Contraparte:
AECID
Código CRS:
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos:
Proporcionarlles abrigo e acubillo aos/ás afectados/as polo terremoto
Axudas:
9000