Proxectos

Transferencia e emprendemento mariño en Cabo Verde como estratexia de crecemento de emprego e desenvolvemento económico, social e ambiental. EMPRENDER EN AZUL

EMPRENDER EN AZUL xorde da colaboración entre a entidade solicitante e as  contrapartes locais ao longo dos anos en materia de cooperación e transferencia de coñecemento para o desenvolvemento do sector mariño – costeiro de Cabo Verde. O desenvolvemento económico endóxeno e inclusivo é un dos obxectivos das estratexias de transferencia das Universidades e organizacións científicas. A máxima expresión desta transferencia é precisamente a promoción de emprendementos, que no caso das áreas mariño – costeiras – deben basearse no aproveitamento sustentable dos recursos mariños.

Preténdese reforzar as iniciativas en marcha entre os socios e outras organizacións públicas e privadas, coas que se establecen alianzas e existe unha colaboración actual en materia de transferencia de coñecemento desde  CdMar. Iso dirixido ao reforzo da identificación de oportunidades de negocio no ámbito mariño e a súa canalización a través de formación en materia de emprendemento a colectivos vulnerables ou con capacidade de xerar un cambio nas comunidades costeiras: reforzar as capacidades das Universidades e centros de investigación como axentes do ecosistema de emprendemento mariño desde o coñecemento científico e a súa aplicación ao desenvolvemento da súa contorna

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
CABO VERDE
Zona de actuación: 
Cabo Verde
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE VIGO
Contraparte: 

Universidade de Cabo Verde (UniCV) e Instituto Nacional de Desenvolvimento das Pescas (INDP)

Código CRS: 
11130 - Formación do profesorado
11110 - Política educativa e xestión administrativa
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao desenvolvemento social, económico e ambiental de Cabo Verde a través do aproveitamento dos recursos mariños de forma sustentable como estratexia de crecemento e xeración de emprego.

Específico:. Reforzadas as capacidades das Universidades e centros de investigación como axentes do ecosistema de emprendemento inclusivo baseado no aproveitamento dos recursos mariños.

 

Resultados e actividades: 

Resultado 1:.Transferido coñecemento para o fortalecemento da implementación de programas de promoción de  emprendemento mariño en  PROEMPRESA, Universidade e  INDP.

  • A.1.1. Análise estratéxica da capacidade de  PROEMPRESA,  UniCV e  INDP e proposta de accións de reforzo para potenciar o seu papel como actores do ecosistema emprendedor.
  • A.1.2. Elaboración de documentación de Boas prácticas e material didáctico e de divulgación para a promoción e desenvolvemento do emprendemento mariño costeiro (adaptado aos diferentes públicos) – fichas técnicas.
  • A.1.3. Programa de formación e intercambio de experiencias especializada en Cabo Verde relacionada coas oportunidades de negocio identificadas no ámbito mariño – costeiro e dirixido a emprendedores/ as e docentes. A desenvolver en Cabo Verde.

 

Resultado 2: Fortalecidas as capacidades do sistema de innovación e emprendemento mariño, e áreas relacionadas.

  • A.2.1. Deseño e implementación dun programa de reforzo para docentes e mentores do sistema de emprendemento de Cabo Verde en Galicia.

Resultado 3: Reforzados os programas de emprendemento relacionados co aproveitamento de recursos mariños.

  • A.3.1. Programa de misión / práctica /estancias en empresas para emprendedores/as.

 

Resultado 4: Reforzadas as redes de colaboración público – privadas en materia de emprendemento mariño.

  • A.4.1. Deseñada unha estratexia de colaboración público - privada desde a perspectiva de  RSE

 

Resultado 5: Sensibilizados os grupos de interese respecto das políticas de desenvolvemento local baseadas en aproveitamento de recursos mariños.

  • A.5.1. Implementada estratexia de comunicación do proxecto.

 

Actividades asociadas á coordinación e seguimento

  • A.6.1. Reunión comité de seguimento
  • A.6.2. Elaboración de informes de seguimento intermedio e final.

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: Homes (30), Mulleres (30)

Indirecta: Poboación dependente do uso dos recursos do mar de Cabo Verde (No ano 2011 había 73 comunidades de pescadores, 3084 pescadores artesanais, 840 pescadores semi-industriais/industriais e 985 vendedoras de pescado)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:   84.264,50 €  (2018:  33.705,80 € ; 2019:  50.558,70 €)