Proxectos

Transporte de Axuda Humanitaria a Ucraína

O proxecto de transporte de Axuda Humanitaria a Ucraína nace por mor da invasión rusa de Ucraína o pasado 24 de febreiro de 2022, como medio de resposta rápida á situación de desabastecemento de produtos de primeira necesidade da poboación debido ao conflito. O seu obxectivo principal e único é tratar de paliar este desabastecemento, asegurando o impacto do proxecto de envío de axuda humanitaria pola información e comunicacións da fundación colaboradora en destino, así como a confirmación dos transportistas contratados do éxito do transporte e entrega. As accións concretas do proxecto abarcan a identificación dos produtos de primeira necesidade máis solicitados desde Ucraína, grazas á colaboración coas ONGs ucraínas Kolo e Automaidán; a solicitude de axuda de produtos básicos á poboación galega; a creación de puntos de entrega/recollida das doazóns por medio de colaboracións con axentes externos; a obtención de almacéns centrais por medio de cesión dos mesmos por empresas patrocinadoras; a recollida de doazóns en Galicia e o seu transporte aos almacéns centrais; a almacenaxe, carga e descarga e preparación de envíos nos almacéns centrais; e o aluguer de camións a terceiras empresas e a carga dos mesmos para exportación.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Europa
País: 
UCRANIA
Zona de actuación: 
Kiev, Leópolis, Odesa, Zaporizhzhia
Axentes: 
Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA- Ucraína)
Contraparte: 

Kolo Charity Foundation

Código CRS: 
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Xeneral: Recollida, preparación e envío de axuda humanitaria a Ucraína

Específico: Envío das subministracións a territorio ucraíno para a súa distribución na poboación ucraína

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Recompilación de subministracións

            A.1.1.1 Establecemento de colaboradores con locais abertos ao público

            A.1.1.2 Programa de comunicación dirixida a particulares e entidades públicas e privadas para a súa mobilización na entrega de doazóns

            A.1.1.3 Recollida de doazóns polos colaboradores

            A.1.1.4 Recollida das doazóns e transporte a almacén central

RE 1.2 Preparación de subministracións para o seu envío

            A.1.2.1 Descarga de doazóns en almacén central

            A.1.2.2 Preparación de caixas para o seu envío segundo natureza da subministración

            A.1.2.3 Almacenaxe das subministracións

RE 1.3 Carga de camión para transporte internacional

            A.1.3.1 Coordinación con empresa privada para carga do camión na súa totalidade en data acordada á vista das toneladas preparadas en almacén

            A.1.3.2 Carga do camión de transporte internacional

RE 1.4  Finalización do traxecto para descarga e posterior distribución de subministracións

            A.1.4.1 Realización do traxecto entre Galicia e punto de destino

            A.1.4.2 Concreción do punto de destino tendo en conta a situación actualizada en Ucraína

            A.1.4.3 Chegada ao destino e descarga das subministracións

Poboación beneficiaria: 

Directa: Miles (nacionais e residentes ucraínos desprazados polo conflito, dentro dos que se atopan colectivos vulnerables como poboación anciá e nenos. Gran parte das persoas desprazadas son mulleres e nenos).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 14.000 €