Proxectos

UN POZO DE AUGA PARA NGOUYE. SENEGAL

O fin deste proxecto é dotar á comunidade de Ngouie de sistemas auto xestionados de auga potable consistentes nun pozo moderno cunha bomba eléctrica de 2.000 a 3.000 l/h e dun xerador eléctrico. O fin último é garantir á poboación local o acceso á auga potable e, na mesma orde, diminuír a incidencia de enfermidades diarreicas e da pel na poboación, mellorar o seu estado nutricional e as súas condicións hixiénicas, aliviar a carga de traballo das mulleres, os nenos e as nenas, elevando así o nivel de vida da poboación.

O proxecto conta para a súa execución coa participación activa dos e das beneficiarias a través de diferentes órganos como  son o consello de anciáns, o pleno do consello local e a dirección escolar. Ademais, formarase e capacitarase a un grupo de persoas responsables do mantemento das instalacións e poñerase en marcha un comité de auga potable para facilitar a xestión e o mantemento das instalacións.

Período de execución: agosto 2010 - decembro 2010

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
África
País: 
SENEGAL
Zona de actuación: 
Saint Louis (rexión)
Axentes: 
EQUUS ZEBRA
Contraparte: 

Equus Zebra Oeste África

Código CRS: 
14030 - Abastecemento de auga potable e saneamento básico - sistemas menores
Obxectivos: 

Contribuír a diminuír as enfermidades diarreicas dos habitantes de Ngouye.

Resultados e actividades: 

- Estudar o lugar idóneo para situar o pozo con utilización do método radiestésico do péndulo.
- Construción dun pozo de auga con motobomba, empregando 8 homes e mulleres da veciñanza, co fin de que aprendan técnicas básicas de construción de pozos.
- Elección de catro membros para conformar o comité de auga potable.
- Formación dos catro membros do comité en xestión e mantemento do recurso hídrico.

Poboación beneficiaria: 

Directa: os habitantes da zona de Ngouye, que se estima ascende a 40 familias (800 membros en total).
Indirecta: uns 1.500 habitantes de todo o territorio que conforma a comunidade rural de Ngouye.

Axudas: 

25000