Urxencia alimentaria nos campamentos de refuxiados saharauís a causa da COVID 19 e distribución de kits de hixiene feminina 2022
A pesares do éxito do plan de prevención do COVID-19 posto en marcha polas autoridades saharauís (baseado en medidas de restrición de mobilidade, corentena, garantía da distancia social e campañas de hixiene, esterilización e sensibilización) as actividades comerciais e económicas, e por tanto a capacidade de satisfacción das necesidades básicas da vida diaria de miles de familias nos campamentos de refuxiados, víronse paralizadas. Ademais, a provisión de alimentos de urxencia estanse esgotando debido á falta de fondos, o que motivou que as organizacións humanitarias internacionais que operan nos campamentos de refuxiados saharauís emitiran un chamamento conxunto o 19 de abril de 2020 para solicitar aos doantes que realicen contribucións e doazóns para apoiar os procedementos de prevención da COVID-19 e evitar un maior deterioro na situación humanitaria, especialmente respecto da saúde das mulleres e a situación nutricional dos nenos e nenas. Pola súa banda, a Media Lúa Vermella Saharauí (MLRS) tamén apelou aos países doantes para que acelerasen a provisión de contribucións urxentes aos refuxiados saharauís e apoiaran os esforzos levados a cabo polas axencias das Nacións Unidas e as ONG internacionais que operan nos campamentos de refuxiados saharauís, ademais de dar prioridade aos sectores que salvan vidas, especialmente o sector da seguridade alimentaria e outros sectores de gran prioridade. Este proxecto articulase como resposta a estes chamamentos, e centrarase na obtención e subministración de alimentos e produtos de hixiene feminina entre a poboación dos Campamentos de Refuxiados saharauís do suroeste de Alxeria, na zona da Hammada alxerina
Ministerio de Cooperación Saharauí en colaboración coa Media Lúa Vermella Saharauí
Xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí. Contribuír á mellora das condicións de vida das mulleres saharauís a través da mellora da súa saúde
Específico: Mellorar as condicións de vida da poboación saharauí. Mellorar a saúde das mulleres saharauís en idade fértil a través da mellora da súa hixiene íntima
RE 1.1 Mellorar a alimentación da poboación saharauí. Mellorar a hixiene e a saúde das mulleres saharauís.
A.1.1.1. Compra de alimentos. Compra de produtos de hixiene.
A.1.1.2 Distribución de alimentos. Elaboración dos Kits de hixiene feminina.
A.1.1.3 Distribución dos Kits ás mulleres
Directa: 14.800 persoas, das cales 500 son homes, 12.000 mulleres, 1.000 nenos e 1.300 nenas (cifras totais das dúas intervencións: “Urxencia alimentaria nos Campamentos de Refuxiados Saharauís a causa do COVID-19 “ e “Distribución de Kits de Hixiene feminina”).
Axuda Xunta de Galicia: 100.000 €