Urxencia alimentaria nos Campamentos de Refuxiados Saharauís a causa do COVID-19
As organizacións humanitarias internacionais que operan nos campamentos de refuxiados saharauís, especialmente ACNUR, o PMA, UNICEF e outras ONG internacionais emitiron un chamamento conxunto o 19 de abril de 2020 para solicitar aos doantes que realicen contribucións e doazóns para apoiar os procedementos de prevención da COVID-19 e evitar unha maior deterioración na situación humanitaria, especialmente porque a taxa de anemia entre mulleres, embarazadas e nais lactantes aumentou ata superar o 73%, e respecto á porcentaxe de malnutrición entre os nenos menores de cinco anos, este aproxímase ao 25%; así como tamén se rexistra unha alta porcentaxe de persoas con diabetes e presión sanguínea arterial.
O valor das necesidades urxentes nos sectores básicos (auga e hixiene, saúde, nutrición, educación e protección) para os refuxiados saharauís en Alxeria estímase, aproximadamente, en 14 millóns de euros.
Ministerio de Cooperación Saharauí coa Media Luna Saharauí
Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí.
RE1.1: Mellorar a alimentación da poboación saharauí.
A.1.1.1 Compra de alimentos.
A.1.1.2 Distribución de alimentos.
Abarcará a toda a poboación refuxiada saharauí que ascende a 173.600 persoas refuxiadas, das que se estiman 125.000 con extrema vulnerabilidade.
Axuda Xunta de Galicia: 100.000 € (2020)